Feijóo defende o seu "sistema educativo libre, non ideoloxizado" como medida contra a emigración da mocidade
Ana Pontón acusa o presidente da Xunta de “separatista” por “separar” familias coa falta de oportunidades en Galicia e Gonzalo Caballero aféalle que dixese que o AVE non ía chegar en 2021, ao que Feijóo retruca que "non temos trens de alta velocidade en 2021"
A paradoxal crítica de maquinistas á entrada de Ourense: ir máis amodo pode ser máis inseguro?
Condutores ligados ao sindicato Semaf cren que a obriga de desconectar en determinadas circunstancias o sistema ERTMS de seguridade do AVE para obrigalos a circular a menos de 40 por hora é froito da desconfianza neles tras o accidente de Angrois
- Documento
- Política
O plan de mobilidade da UE alén do tren Vigo-Porto e das cidades: aumento de nivel do porto de Marín e da liña Monforte-Lugo
Os peiraos pontevedreses entran na rede global europea na que xa estaban Vigo e Ferrol, cos da Coruña no nivel superior da rede básica, e a liña ferroviaria a Lugo pasa de ser considerada convencional a preverse para cando menos 200 quilómetros por hora
Da memoria selectiva á unidade de España: a política na inauguración do AVE entre Galicia e a Meseta vai alén das infraestruturas
O presidente Sánchez apela á “unidade” e asegura que “España necesitaba este AVE tanto ou máis que Galicia”, mentres que o da Xunta agradece o traballo das ministras e ministros das dúas últimas décadas agás a socialista Magdalena Álvarez
A inauguración do AVE coa Meseta pon fin a 20 anos de debate sobre os prazos da infraestrutura e deita o foco nos servizos
O PP pasou de criticar atrasos duns días nos prazos das obras a reclamar agora tipos concretos de trens, mentres o BNG quere un ente ferroviario galego que o PSdeG apoia no marco dunha coordinación co transporte en bus da Xunta
O PP reorienta a pregunta no Parlamento sobre a “república independente en Galicia” a unha declaración “urxente” de apoio á Constitución
Os populares anunciaron o 26 de novembro que cuestionarían ao resto de grupos sobre se “queren ou non a independencia para Galicia”, pero finalmente proporán a próxima semana un debate sobre a Transición e contra a independencia de calquera comunidade
Feijóo critica “o peor Goberno da historia de España” e que se faga política “ata coa lingua”
Nun acto con Casado en Abegondo o presidente do PP galego insta ao líder estatal a facer política con “serenidade” e di que o seu partido “nunca foi populista nin nunca o seremos”
Vítimas de Angrois non ven vontade do Estado para investigar o accidente tras reunirse coa ministra de Transportes
Malia que a UE vén reclamando a España unha nova análise técnica do sinistro, o ministerio argumenta que xa non pode pedirlla á comisión de investigación porque agora é independente, e esta négase
- Documento
- Política
A UE aposta por cinco cidades galegas como "nodos urbanos" nos que priorizar os investimentos do seu plan de mobilidade
A Comisión Europea inclúe expresamente na súa proposta a Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago e Ferrol, malia que as dúas últimas non chegarían ao seu propio criterio de ter máis de cen mil habitantes
O AVE Vigo-Porto, exemplo de tren transfronteirizo que a Comisión Europea quere acelerar
O executivo comunitario propón adiantar prazos das actuacións previstas nos grandes corredores de transporte da UE, como o Atlántico do que xa forma parte Galicia, e anuncia novas medidas de mobilidade urbana para todas as cidades de máis de 100.000 habitantes
A Xunta é condenada a readmitir e indemnizar unha traballadora á que despediu en represalia por reclamar os seus dereitos laborais
O TSXG salienta “o dano moral” que a Consellería de Medio Rural provocou a unha empregada á que botou cun “despedimento ilegal” e “vulnerando” unha declaración xudicial previa que a fixera indefinida
O mantemento de pontes sobre o tren queda en cuestión tras a investigación do choque do Alvia Galicia-Madrid no que morreu un maquinista
A análise técnica do accidente de hai ano e medio cun coche que caera ás vías nas proximidades de Zamora remata reclamando a varias administracións que presten máis atención á supervisión do estado das barreiras de contención de vehículos