A Xunta oculta o traballo do comité que anunciou Feijóo en xaneiro para aproveitar o AVE á Meseta
O Goberno galego rexeita sen dar explicacións unha petición de transparencia sobre a composición, datas de reunión, actas ou calquera documento elaborado polos supostos “expertos” anunciados polo daquela presidente
- Documentos O foco na transparencia
- Política
Rueda enviou a Sánchez as súas peticións para a última Cimeira Ibérica o día antes ás sete da tarde
O presidente anexou un documento de 60 páxinas á carta que dixo que enviaría "con tempo antes de que se celebre a Cimeira". Praza.gal tivo acceso á misiva e á documentación anexa
A UE desembarca no xuízo de Angrois: de tombar a versión oficial á demora por un enderezo errado en centroeuropa
Comparece un experto da Axencia Ferroviaria Europea que puxo o foco en como Adif avaliara o risco de accidente por erro humano, informe contra cuxa divulgación manobrou en 2016 o Ministerio de Fomento de Ana Pastor
A Xunta xa elixiu seis homes e ningunha muller como Embaixadores do Camiño, e só lle quedan dous títulos por conceder
Con Mariano Rajoy e Carlos Herrera aínda sen recolleren os seus títulos, Rueda designa como sexto galardoado o ex-conselleiro Portomeñe, impulsor do Xacobeo 93
A Deputación de Ourense é a que menos axuda os concellos a implantar a administración electrónica
O Consello de Contas reprocha aos concellos medianos que non planifiquen orzamentos específicos para avanzar na súa dixitalización
A Xunta condecora o seu director xeral de Emerxencias por participar na evacuación dun cámping no incendio do Barbanza do pasado verán
Segundo o Goberno galego, a proposta do galardón, que o DOG atribúe ao propio Santiago Villanueva, partiu dun sindicato policial que soubo da súa intervención persoal en apoio dunha patrulla da policía autonómica
O xuízo de Angrois pescuda a responsabilidade de prever o risco entre os anacos de sistemas e treitos da liña Ourense-Santiago
Un técnico di que noutras liñas un avaliador independente analiza primeiro o funcionamento do sistema convencional ASFA e despois o máis avanzado ERTMS, pero aquí fíxose ao tempo e só no treito central da liña, non na curva do accidente
"Asumíase que a seguridade estaba suficientemente controlada", di un técnico de Adif sobre o accidente de Angrois
Un subordinado do cargo da empresa acusado polo sinistro di que era correcto deixar “en mans dun maquinista o control da velocidade”, ao que o fiscal replica que “o profesional pode fallar, ese é o problema”
O máximo responsable sindical de Renfe di que Adif debía evitar o accidente de Angrois pola lei de riscos laborais de 1995
O teléfono que Adif di que o maquinista accidentado non tiña que coller era do propio Adif e a única canle pola que Renfe ou o interventor do Alvia se podían comunicar con el mentres conducía
Rueda inaugura o seu primeiro treito de autovía, 11 quilómetros entre Sarria e Láncara
A infraestrutura é froito do desdobramento do segundo treito do corredor Nadela-Sarria inaugurado en 2008
O PPdeG cifra nunhas 400 as liñas de bus escolar que recibiron queixas no inicio do curso
Os populares aseguran que a Xunta resolveu os problemas “entre setembro e principios de outubro”, cando recibiron queixas polo "caos" desde múltiples comarcas galegas
O Supremo fai firme unha condena a Conservas Dani por vulnerar a liberdade sindical con varios despedimentos
Tras gañarlle o sindicato varios preitos laborais, a empresa botou tres empregadas afiliadas a esa central, o que influía no resultado das seguintes eleccións sindicais na súa planta de Carnota