- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda sitúa o turismo como "puntal do despegue" de Galicia e pide que todas as consellerías se impliquen co Xacobeo
Na toma de posesión da nova Xunta tras a crise de goberno provocada por Feijóo o presidente salienta a “experiencia no sector público” de Diego Calvo, que di que chega á Vicepresidencia Segunda “por distintas circunstancias”
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda dá a Calvo un posto de goberno 7 anos despois de perder a Deputación da Coruña e reforza a súa baronía no PP
O líder provincial que máis dificultou a sucesión de Feijóo resulta premiado coa vicepresidencia segunda da Xunta mentres o resto de conselleiros manteñen as mesmas competencias
A Xunta cuestiona o Tribunal Superior que a condenou pola "demora" en resolver un caso de acoso e asegura que foi "dilixente"
O número 2 de Medio Rural atribúe a sentenza a “actuacións de empregados públicos” e di que “asociar iso cunha errática política de persoal da consellería é unha extrapolación prexudicial” para todo o funcionariado
- Análise
- Política
Feijóo e Pontón lanzan a (longa?) campaña das eleccións xerais e galegas
O acto co que Feijóo anunciou a marcha a Madrid e a réplica que Pontón deu a Rueda na súa investidura poñen xa o foco nos comicios: o PP quere salvar España da ruptura e o BNG está preparado para gobernar Galicia
Galicia estrea Goberno tres meses despois do “incendio” no PP no que Feijóo non quería perder moito tempo
“Non imos perder moito tempo nun problema orgánico dun partido”, dicía o xa ex-presidente o 17 de febreiro, cando se puxo do lado de Ayuso fronte a Casado e iniciou a súa marcha da Xunta
A Xunta mantén en segredo un informe das materias primas críticas que hai en Galicia por temor a "movementos especulativos"
O Goberno galego publicitou a elaboración do estudo polo Colexio de Xeólogos e presentouno como exemplo da súa “aposta por unha minaría sostible”, pero considérao confidencial ata que ela mesma deseñe unha estratexia para o sector
Alfonso Rueda, elixido sexto presidente da Xunta
A maioría absoluta do PP inviste o ata agora vicepresidente como substituto de Alberto Núñez Feijóo na xefatura do Goberno galego. O que agora vén, sinala o novo titular da Xunta, non vai ser unha "ruptura", senón "continuidade da boa" a respecto dos mandatos do xa ex-presidente, a quen "non vai deixar de reivindicar"
O PSdeG rexeita a Rueda como presidente e dubida de que estea preparado e mesmo das súas “gañas” de selo
“Galicia xa non pode esperar a que vostede aprenda”, di o portavoz socialista, Luis Álvarez, nunha réplica na que fixa as prioridades do seu partido na transformación de recursos galegos como o leite, a madeira ou a pesca e no impulso da biotecnoloxía
Feijóo comparece de urxencia para acusar a Sánchez de romper España e enléase coa súa postura sobre o aborto
O popular defende o seu dereito a ser senador por designación do Parlamento de Galicia lembrando que o PP apoiou propostas similares de PSdeG e BNG pero obvia que no segundo caso implicou non votar a elección de Manuel Fraga
- 📺 Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda pide ser presidente cun proxecto continuísta de xestión e críticas ao Goberno de España
O discurso de investidura do popular dedicou máis tempo a facer balance positivo dos mandatos de Feijóo que a futuras políticas, cos principais anuncios centrados nas familias con fillos pequenos
O TSXG volve condenar a Xunta por denegar unha Tarxeta Benvida por un formalismo malia que a familia cumpría os requisitos
O tribunal reprocha a Política Social que non admitise documentación que a nai achegou para xustificar a súa recente separación e considerase fóra de prazo a sentenza da custodia da menor emitida posteriormente por un xulgado
A Audiencia de Pontevedra confirma a condena de Louzán por prevaricación e absolve a ex-alcaldesa de Moraña
A tamén ex-delegada da Xunta é eximida de todos os delitos mentres que o ex-presidente da Deputación só do de fraude, polo que queda liberado da pena de dous anos de cadea pero deberá cumprir sete de inhabilitación para cargo público