Unha ducia de plataformas cidadás críticas co modelo eólico piden formar parte do clúster que impulsan a Xunta e o sector
As entidades salientan que a Unión Europea apoia a participación social e reclaman documentación sobre a iniciativa esgrimindo a lei de transparencia e un convenio internacional sobre información ambiental
Feijóo quéixase de que as manifestacións se achegan máis a el que a membros do Goberno de España
“Sorpréndeme a facilidade para determinadas manifestacións e a dificultade para outras, e soe coincidir con se hai representantes estatais ou non os hai”, di o presidente preguntado polos obstáculos ás protestas de varios colectivos ante o foro que se celebra na Toxa
Feijóo cuestiona que Pontón defenda a Galicia e Caballero saiba de economía e lembra que el gañou as eleccións
“Somos os únicos que defendemos os traballadores”, di Feijóo a BNG e PSdeG tras acusar ambos grupos ao presidente de falta de política industrial. A portavoz nacional do Bloque critica que o titular da Xunta "se mova entre a submisión a Génova e a confrontación co Goberno do Estado" e o secretario xeral socialista pídelle sen éxito que identifique os proxectos prioritarios para que Galicia reciba fondos europeos
A capacidade da AP-9, outra volta a proba: abre o centro comercial Vialia de Vigo e Transportes teme que conxestione a autoestrada
Pensado para financiar a aposta polo transporte público que supón o novo complexo intermodal, aínda non rematado, o ministerio asume que vai “incrementar a intensidade de tráfico”
O Consejo de Estado pediu en xullo a Transportes estudar o "rescate da concesión" da AP-9 en vez de rebaixar as peaxes
O órgano consultivo avalou en 2000 a prórroga da concesión agora cuestionada pola UE pero hai dous meses salientou o “significativo aforro económico” que suporía recuperar a infraestrutura no canto de subvencionar as viaxes
Medio cento de parques máis, pero os mesmos 22 millóns ao ano: os ingresos dunha década de canon polo impacto dos eólicos
O imposto que, tras tombar o anterior plan eólico, a Xunta comezou a cobrar en 2010 polas “afeccións visuais e ambientais” supón unha media anual de 5.500 euros por aeroxerador e prima a repotenciación, pero non ten en conta a proliferación territorial
O avogado do maquinista de Angrois oponse aos delitos que lle atribúe a Fiscalía por ser "unha vítima máis" da falta de seguridade
O xuíz propuxo xulgar o maquinista e un ex-xefe de Adif como acusados, en grao similar, de 80 delitos de homicio por imprudencia grave profesional e 144 de lesións. "Cos sinais e as balizas instaladas despois do accidente, aínda que o maquinista fixese o mesmo, o sinistro non ocorrería", resalta o avogado no escrito no que responde ao da Fiscalía, que pide 4 anos de prisión para os dous acusados
Comesaña pasa nun ano de conselleiro independente de Sanidade a coordinador do PP en Vigo
Cando o nomeou hai un ano, Feijóo salientou a “traxectoria profesional” deste licenciado en Física que leva década e media ascendendo por diversos postos da sanidade galega. Agora, Alfonso Rueda encoméndalle como presidente do PP provincial de Pontevedra a coordinación da área viguesa do partido
A Xunta volverá mudar a Lei de Saúde para ratificar o "carácter voluntario" da vacinación, como esixía o Estado
O acordo polo que o Goberno de España desistirá do seu recurso ante o Constitucional compromete ao Goberno galego a promover unha nova reforma legal, a décima en trece anos, e a aplicala respectando a competencia estatal de coordinación sanitaria
A Xunta volve primar a rapidez como criterio para dar axudas a concellos a partir da medianoite dun sábado
Medio Ambiente admite que esgotou “horas despois de que se abrise o prazo” 400.000 euros en subvencións a unha trintena de concellos porque foron os máis áxiles presentando as peticións
Concesión "extinguida": o BOE fai oficial a fin do encoro que ameazou durante 40 anos o último treito do Miño en estado natural
O Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de rematar o expediente que iniciou hai ano e medio contra a concesión do Salto de Sela que aínda tiña vixente Fenosa desde 1978 e que ía asolagar outros 23 quilómetros de río
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia acumulada da COVID cae xa en todas as cidades por baixo dos cen casos por 100.000 habitantes, como antes do verán
O 85% da poboación galega ten xa cando menos unha dose da vacina e a situación nos hospitais continúa a mellorar de xeito constante