Unha plantación de 543 hectáreas de eucaliptos en terreos de Endesa nas Pontes busca “maximizar o rendemento económico”
A documentación ambiental a trámite ante a Xunta admite que “o maior risco é a ocorrencia dun incendio forestal” pero asegura que a actuación será fragmentada con “áreas de conservación” de frondosas autóctonas
Chega a eólica mariña a Galicia: comeza a tramitación ambiental dos dous primeiros parques de Iberdrola
O Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de facer público o inicio da avaliación de dous posibles proxectos flotantes de 490MW cada un e denominados “San Cibrao” e “San Brandán”
Feijóo demora as súas promesas de ampliar o concepto de familia numerosa e rebaixarlles as peaxes
O compromiso electoral de ter en conta certas familias con menos de tres fillos queda condicionado a que o orzamento da Xunta poida asumilo, mentres que nas autoestradas aínda se está a ultimar o sistema 20 meses despois de anuncialo o presidente
Non só o río Eume: as Fragas non terán plan reitor ata 2022, unha década despois do gran incendio
A Xunta leva 20 anos sen cumprir a lei galega de 2001 que a obriga a planificar o uso e xestión do espazo protexido mentres acusa a Endesa de non querer aprobar as normas de explotación do seu encoro
Educación nega ter datos dos novos casos de COVID en cada centro tras desviarlle Sanidade a responsabilidade
As dúas consellerías admiten oficialmente carecer de información sobre os novos positivos que van afectando ao ensino. Sanidade respondera previamente que a competencia para informar dos novos casos é do órgano "que posúa a información, que consideramos é Educación"
A Xunta tenta legalizar un parque eólico fragmentado artificialmente argumentando que foi denunciado tarde
O Tribunal Superior sentenciou que a avaliación ambiental non fora adecuada, pero o Goberno galego e a empresa argumentan ante o Supremo que o recurso fora presentado contra a aprobación definitiva do parque e non contra o trámite ambiental previo
Endesa no Eume: un encoro sen normas polo "incumprimento reiterado" da empresa
A eléctrica esgrimiu a concesión franquista de 1953 como aval para mudar a explotación da presa en beneficio do seu “rendemento”, pero os técnicos de Augas de Galicia desbotaron as súas reiteradas alegacións
A remodelación de San Caetano superará os 70 millóns de euros unha década despois de que o PP a empregase como arma política
O complexo levantado hai máis dun século e empregado desde 1985 como sede central da Xunta está a ser mellorado polas deficiencias enerxéticas e de habitabilidade que foi acumulando neste tempo
Dimite do cargo a dedo que mantiña o ex-xefe de Adif acusado por Angrois, segundo en caer 8 anos despois do accidente
Andrés Cortabitarte, para quen o fiscal vén de pedir catro anos de cadea, xa non era responsable de Seguridade, pero seguiu todo este tempo nun posto de libre designación e agora volverá ser técnico de base á espera do xuízo
A Xunta volverá prorrogar os contratos de transporte escolar mentres resolve o concurso que tivo que repetir polos seus "erros"
Educación espera que a prolongación dos servizos actuais non vaia “máis aló do ano 2021” tras admitir que no concurso anulado faltaban 284 paradas
Feijóo admite que non creou ningunha residencia pública en 12 anos e salienta que aumentou en 13.000 as prazas concertadas
“Leccións para reforzar os servizos públicos, ningunha”, di o presidente á oposición amparándose nas vitorias electorais
A Xunta considera "urxente" outro ano máis contratar helicópteros contra incendios ás portas do verán
Medio Rural volve reducir o prazo para presentar ofertas e con el a posible competencia entre empresas, actuación criticada polo Consello de Contas