A Xunta presenta un estudo que asegura que a Cidade da Cultura devolve á sociedade 1,85 euros por cada euro público que recibe
O Goberno galego cifra en 9 millóns ao ano o “valor social de non mercado” da oferta cultural, de lecer ou natural do complexo fronte aos 15 millóns que xera o seu movemento económico convencional
A Audiencia Nacional ve "excepcional" o accidente múltiple de 2014 na A-8 pola néboa e exime o Estado
Nun treito no que meteorólogos e veciñanza constatan que a néboa é habitual en primavera e verán, o tribunal di que “a situación pode cualificarse de excepcional, dado o día, en pleno mes de xullo”
O tren a Ferrol aos 20 anos de comezar as obras do Eixo Atlántico: 730 millóns para 40 minutos en AVE ou 50 millóns para arranxar a vía actual
A asociación de cidades da eurorrexión presenta un estudo con alternativas para acurtar a hora e cuarto do mellor tempo de viaxe actual e garantir a circulación de mercadorías
O ministerio rexeita cesar os investigadores de Angrois que se negan a volver analizar o accidente como reclama a UE
A resposta oficial que agora dá o Goberno central ás vítimas permitirá que estas poidan abrir outra vía xudicial contra o incumprimento por parte do Estado da normativa europea
A Xunta tamén subvencionará compras no comercio sen ter en conta os ingresos das persoas beneficiarias
O Goberno galego esixirá ter un móbil no que descargar unha aplicación para obter un dos 330.000 bonos de 30 euros que repartirá para rebaixar o 20% as compras en pequenos establecementos
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta amplía ata as 21 horas a apertura da hostalería co interior ao 50% na maior parte de Galicia
O Goberno galego mantén só tres concellos con prohibición da mobilidade e da restauración nunha nova desescalada que segundo o presidente non será revisada ata a propia Semana Santa. As novas medidas inclúen a prohibición de encontros entre non conviventes nos espazos privados, acordada entre o Goberno de España e as autonomías para San Xosé e Semana Santa
Baltar estuda converter a sede da Deputación de Ourense "nun balneario de referencia en Europa"
O presidente provincial anuncia que xa encargou o anteproxecto e mantén contactos con investidores interesados no Pazo, iniciativa que a Xunta apoia para dar “un carácter máis ambicioso" ao plan Ourense, a provincia termal
Medio ano sen tren a cambio de que o tren si sexa unha alternativa entre Lugo e Ourense en 2024
Tras elaborar nos últimos anos os proxectos técnicos previos, Adif afronta o comezo de obras que cuantifica en 546 millóns de euros para mellorar a liña no marco do impulso xeral ao Corredor Atlántico de mercadorías
- Interactivo O foco na transparencia
- Acontece
Así repartiu a Xunta 6,5 millóns de euros aos centros de ensino públicos para gastos extra pola COVID
A Valedora do Pobo obriga a Educación a desvelar, tras unha petición de transparencia de Praza.gal, o reparto dos fondos, que van dos 600 euros do colexio de Ombre en Pontedeume aos 31.000 do Ponte dos Brozos en Arteixo
Os “erros non subsanables” no transporte escolar, último tropezo da Xunta tras décadas de ilegalidades no sector dos buses
Galicia conta cunha décima parte dos autobuses do Estado repartidos entre empresas de dispar tamaño que teñen nos colexios a fonte máis estable de ingresos
Valença e Tui planifican unha nova ponte sobre o Miño, a terceira en estudo a sumar ás cinco xa existentes
Un concurso de ideas deseñará un parque ao longo do río que integre máis a eurocidade cunha vía peonil e ciclista de 5,7 quilómetros
A Xunta pasou de prever 5 minutos por parada a só 1 no concurso de transporte escolar que anulou polos seus “erros”
Educación, que tras catro décadas xestionando o servizo di carecer do persoal “idóneo”, elude valorar o traballo da consultora á que encargou deseñar o servizo e asume como propia a “confusión considerable” creada