Un terzo das empresas aspirantes ao novo transporte escolar presentan ofertas “anormalmente baixas”
Educación require a 36 das 111 candidatas que xustifiquen a viabilidade das súas propostas e a sete que demostren a composición do seu accionariado tras unha denuncia da CIG por posible amaño das ofertas
- Entrevista | Víctor Vázquez Portomeñe 40 anos do Estatuto
- Política
Galicia 1981-2021: "En 1981 a Xunta era só a imaxe da autonomía, sen competencias, e agora é a panacea e a responsable de todo"
A Autonomía fai 40 anos e durante as cinco fins de semana de agosto falamos con cinco persoas representativas dos cinco grandes gobernos que tivo a Xunta, das que tentamos tirar unha imaxe transversal da Galicia das catro últimas décadas
- Documento A fin do carbón
- Economía
48,5 millóns de euros e voadura das chemineas: o proxecto de Endesa para desmantelar a térmica das Pontes
O estudo de impacto para demoler o complexo presenta varios proxectos como alternativa á perda de emprego na central pero aclara que a empresa non garante que se poidan cumprir
O Sergas reduciu o seu plantel o ano previo á pandemia en 464 persoas con praza e aumentouno en 1.013 interinas e 450 eventuais
O Consello de Contas presenta a súa fiscalización de 2019 e constata que “os índices de temporalidade continúan sendo altos, 44% en Atención especializada e 28% en primaria, observándose un incremento interanual”.
A Axencia de Protección de Datos pide explicacións á Xunta por esixir certificado de vacinación na hostalería
O ente que vela pola privacidade da información persoal quere “comprobar a licitude do tratamento de datos” e advirte de “efectos discriminatorios"
O Sergas mudará de empresa de rastrexo da COVID por outra que presentou unha oferta máis barata
Tras máis dun ano de pandemia, a Xunta adxudica a Extel o primeiro sistema estable de seguimento de contactos pola sua rebaixa económica malia que a proposta técnica foi peor que a da empresa que veu contratando de emerxencia. A nova adxudicataria tivo varios propietarios en pouco tempo e acumula diversos conflitos laborais
A Xunta corrixe a súa reforma sanitaria e admite que non pode obrigar a vacinar
A aclaración explícita que o Goberno galego incluirá na lei pecha o conflito co Estado sen agardar a que se pronuncie o Constitucional, que o venres decidiu manter suspendido ese precepto da norma
Transportes abre a porta a ampliar a AP-9 en Vigo pola conxestión que poden producir a gratuidade de Redondela e Vialia
O ministerio prevé construír apartadeiros para posibles incidencias de tráfico no acceso a Vigo, no que xa admite que se reducirá o nivel de servizo da autoestrada en horas punta
O Sergas mellora lixeiramente a espera cirúrxica, pero cunha media de 70 días aínda segue por riba da previa á pandemia
Os datos da primeira metade do ano, habitualmente mellor que a segunda metade, están dez días por riba do límite fixado na lei de garantías sanitarias
Con telepeaxe e primando as viaxes recorrentes: así quedan as rebaixas da AP-9 a 27 anos da fin da concesión
Segundo o ministerio, “o 19,4% dos tránsitos que realicen os vehículos lixeiros nos treitos de pago directo pasarán a ser gratuítos fronte ao 8% previo"
A Valedora afea á Xunta o silencio e posterior denegación ilegal dunha petición de transparencia sobre casos de COVID en cada colexio
Sanidade decidiu inadmitir unha solicitude formal de información alegando que non tiña ela os datos senón Educación, e a Valedora salienta que é outro órgano da “mesma Administración”
O rei, protagonista dos actos institucionais do Día Nacional de Galicia, apela ao apóstolo como símbolo da “unidade de España"
O xefe do Estado presentou á coroa como "continuidade da nosa nación na historia" que "vive e se expresa en linguas e culturas tan ricas como a galega”