- Datos Coronavirus
- Acontece
Segue a medrar a hospitalización por COVID nunha xornada cunha nova moderación nos novos casos rexistrados
Os 1.370 novos positivos son menos que os rexistrados nas tres xornadas previas mentres a clara melloría de Ourense contrasta coa aínda mala evolución da maioría do resto de cidades
Vítimas de Angrois maniféstanse en Santiago pedindo a xustiza que aínda non recibiron oito anos despois
"Catro gobernos e catro ministros de Fomento e aínda non hai unha investigación técnica independente como reclama a UE", lamenta a plataforma de vítimas. A curva na que ocorreu o accidente acolleu pola tarde unha concentración en lembranza das 80 persoas falecidas.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A suma de novos casos de COVID modérase mentres a Xunta ofrece cribados xeralizados nas cidades
Na última xornada rexistráronse outros 1.412 positivos, menos que nas dúas xornadas precedentes
- Interactivo Angrois: traxedia en Compostela
- Política
Oito anos de Angrois e aínda sen data para o xuízo: xa levou máis tempo investigar o accidente que facer a liña de AVE na que ocorreu
O treito Ourense-Santiago, inaugurado en decembro de 2011, proxectouse e executouse en menos de oito anos, e ano e medio despois ocorría o sinistro cuxos 80 mortos e 144 feridos agardan aínda xustiza
O Constitucional mantén suspendida por unanimidade a posibilidade de vacinación obrigatoria impulsada pola Xunta
Á espera de pronunciarse sobre o fondo da cuestión, o tribunal levanta a suspensión pedida polo Goberno de España do resto de artigos da lei de saúde de Galicia aprobada polo PP
Coa instrución penal rematada e pendente do xuízo, vítimas de Angrois poñen o foco na responsabilidade política de Blanco e Pastor
“Durante oito anos coñecemos feitos moi graves que xamais se xulgarán pero que si teñen responsabilidade política”, di a plataforma de afectados, que este sábado maniféstase en Santiago no oitavo aniversario do accidente
A Xunta dá por "perdido o interese natural" dun monte que ela mesma arrasou e volve incluílo na Plisan tras rexeitalo o Supremo
Goberno galego, Zona Franca e Porto de Vigo incluíron ilegalmente na Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves preto de 700.000 metros cadrados con protección forestal que agora volven ao proxecto porque “recompoñer o seu estado inicial ten un custo moi elevado”
A Xunta abre a autocita de vacina para 16-19 anos con 17.000 doses de persoas de máis idade que calcula que non acudirán
“Fixemos unha composición sobre que vacinas quedarían libres” en función de “como evoluciona” a campaña activa aos grupos de idade superior e “as persoas que non acoden”, di Feijóo
A patronal galega defende as máquinas de apostas nos bares e o resto de representantes sociais piden á Xunta eliminalas
A Confederación de Empresarios desmárcase do resto do Consello Económico e Social de Galicia do que forma parte e que vén de emitir un duro ditame sobre a lei do xogo que a Xunta leva máis de dous anos elaborando
O xuíz completa oito anos despois a instrución do accidente de Angrois e leva a xuízo a un ex-cargo de Adif e o maquinista
O auto de apertura de xuízo oral establece ás aseguradoras de Adif e Renfe unha fianza de 57,8 millóns de euros, aínda que parte das indemnizacións ás vítimas xa foron adiantadas
A Xunta deixa de lembrar o accidente de Angrois coa data de entrega das Medallas de Galicia, que volve ao día 25
O Goberno galego devolve os galardóns á súa xornada tradicional tras sete anos desprazados á véspera malia ás críticas de vítimas por escurecer as súas reivindicacións de xustiza
Adif e Xunta publicitan obras complementarias ás portas da chegada do AVE, 20 anos despois da primeira pedra e 12 do Pacto do Obradoiro
Feijóo visita o remate da terminal de bus de Ourense en servizo desde febreiro á vez que Adif pon en servizo o aparcamento e urbanización desa zona intermodal e a nova estación de Seabra