A Xunta admite que ampliará unha estrada no Courel con efecto "significativo" na Rede Natura e "severo" no patrimonio cultural
A Consellería de Medio Ambiente exime dunha avaliación de impacto ambiental completa o ancheamento de 5,4 a 7,8 metros de 14 quilómetros da estrada entre Folgoso e Seoane
O Goberno de España compromete os orzamentos do Estado ata 2048 para rebaixar as peaxes da AP-9
O Consello de Ministros autoriza de xeito excepcional o compromiso de gasto plurianual, que o Ministerio de Transportes cuantifica en 2.300 millóns de euros ata o remate da concesión da autoestrada dentro de 27 anos
DomusVi convoca un "concurso de talentos" para o seu persoal
'DomusVi Lovers' premiará con tarxetas regalo de 715 ou 350 euros “a calidade humana e a faceta artística” de catro dos seus 26.000 traballadores e traballadoras
Goberno de España e Xunta culminan a legalización de Reganosa tras cinco sentenzas do Supremo en contra
A nova autorización para a planta, que está en funcionamento desde 2007, inclúe recomendacións e peticións de “boas prácticas” mentres a empresa di que está “plenamente aceptada na súa contorna social”
- Interactivo Os outros custos do AVE
- Política
20 anos e 9.000 millóns despois da primeira pedra do AVE, as vías galegas aínda requiren outros 3.000 millóns
O 21 de xullo de 2001 Aznar, Fraga, Cuiña e Cascos escenificaron o inicio dunha modernización ferroviaria executada aos anacos e aínda con actuacións pendentes
O Santander é condenado por usura por cobrar un 26% de xuros nunha tarxeta de crédito que “impuxo” para contratar unha hipoteca
A Audiencia avala unha sentenza dun xulgado de Marín e di que a diferenza “de máis de 8 puntos” a respecto da media de xuros das tarxetas revolving naquel momento é “suficientemente notable ou palmaria” para considerar que houbo usura
Fomento dixo que non podía pedir unha nova investigación técnica de Angrois antes de que a Avogacía do Estado avalase esa conclusión
O ministerio argumentou en 2016 dificultades legais para pedir unha nova análise do sinistro á Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios cinco días antes de que así o establecese un informe da Avogacía do Estado
O Parlamento Europeo pide protección á pesca artesanal fronte á eólica mariña tras ser obviada polo Goberno español
A eurocámara aproba unha resolución na que pide aos estados que os seus plans de ordenación marítima eviten efectos de aeroxeradores en caladoiros, pero o documento español admite que non tivo en conta a pesca artesanal
Dúas consellerías organizan un acto nun pazo para asinar un acordo entre elas para cumprir o pacto de Estado contra a violencia de xénero
A titular de Igualdade e o de Medio Rural desprázanse a 15 quilómetros de San Caetano para escenificar a sinatura de medidas xa en marcha
A Xunta é condenada por negarse a sequera negociar a conciliación familiar que lle pedía un bombeiro forestal
O Tribunal Superior lembra que a “actitude silente” da administración ante unha petición expresa de adaptación do horario supón unha “vulneración de dereitos fundamentais”
O Parlamento Europeo lembra o accidente de Angrois ao reclamar maior despregue do sistema de seguridade que non estaba alí activo
A eurocámara inclúe nun informe sobre os problemas que está a ter o uso do ERTMS en toda Europa unha emenda impulsada polo BNG para acelerar a súa implantación
Un xulgado de Lugo vulnerou a Constitución ao primar a organización dunha empresa fronte ao dereito dunha nai a coidar da filla
O Tribunal Constitucional ampara á traballadora e di que o xulgado avalou mudarlle a redución de xornada da que disfrutaba sen ponderar como afectaba ao dereito fundamental de non discriminación por sexo