A patronal enfróntase ás universidades públicas en defensa da privada que quere Abanca
O órgano consultivo da Xunta no que participan representantes económicos e sociais amosa as súas “reservas” sobre o novo centro pero os empresarios desmárcanse do seu ditame e considérano “positivo” para a “oferta” e a “competencia”
Feijóo retruca con acusacións de radicalismo ás propostas do BNG para a reactivación económica
Caballero pide a Feijóo que a Xunta poña cartos para rebaixar a AP-9 pero non concreta cando o fará o Goberno central en cumprimento da promesa socialista
O PP aproba en solitario a Lei de Reactivación coa que desregula permisos ambientais, subvencións a empresas e emprego público
BNG e PSdeG critican que populares e Xunta empregan a pandemia como escusa para impoñer sen diálogo unha norma que “constata o fracaso” das políticas económicas aplicadas ata agora
- Mapa Coronavirus
- Acontece
A Xunta reabre a hostalería e permite a mobilidade segundo a incidencia da COVID e por áreas sanitarias agás en 17 concellos
O Goberno galego crea unha nova escala de restricións baseada na suma de casos a 14 días e Feijóo pide á cidadanía que “se quere volver aos bares, teña un comportamento individual correcto”
O Supremo rexeita o intento da Xunta de paralizar a multa de 4 millóns polo atraso das depuradoras de Vigo e Ribeira
A UE sancionou a España con 32 millóns e o Estado xa cobrou a parte que considera responsabilidade das comunidades autónomas aplicando un decreto impulsado en 2013 polo popular Montoro
- Crónica
- Política
O de Casado xa non parece "razoable" para Feijóo
Feijóo adoita expresar desaprobación advertindo que tal asunto "non parece razoable". Así ve a mudanza da sede do PP mentres se afasta dos motivos esgrimidos por Casado: o partido adebeda "un porrón de cartos" por non gañar eleccións. Asegúrao mentres traza comparacións de alta voltaxe para o seu partido: "Se vostede lle pregunta ao presidente Sánchez hai un par de anos que lle faltaba ao PSOE para ser alternativa ao PP, sentiríase nunha situación parecida á que me sinto eu. (...) Agora é presidente do Goberno"
O Supremo ratifica o "interese público" da educación por riba do intento de centros privados de esquivar tutelas da Xunta
A dirección dos institutos públicos de secundaria aos que están adscritos os privados seguirá supervisando xestións destes, cuxa liberdade non é “ilimitada” segundo lembra o alto tribunal
Trinta xoves de mobilizacións contra unha década de recortes "temporais" ao persoal das residencias públicas
A negativa da conselleira de Política Social a sequera reunirse para negociar o remate de medidas presentadas en 2012 como transitorias leva ao colectivo a reclamar a intervención da Valedora do Pobo
A Xunta fai responsable a Pedro Sánchez se non pode usar fondos europeos pola crise da COVID para unha estrada
O Goberno galego pide “apoio” fronte ao Goberno de España para mellorar a actual AC-406 Santiago-Santa Comba a empresarios que durante anos reclamaron unha autovía autonómica nese mesmo treito
Nova condena á Xunta por despedir unha traballadora como represalia por reclamar os seus dereitos
O Goberno galego mantivo cinco anos como autónoma e bolseira a unha muller á que advertiu que cesaría se pedía que a fixesen indefinida, como así sucedeu. Agora, o Tribunal Superior ampáraa
- Guía Coronavirus
- Acontece
As novidades da desescalada pola COVID: do rexistro de asistentes a cines ao permiso para saír do concello no deporte federado
O novo esquema de restricións fixa a súa vixencia ata o 3 de marzo tras avanzar Feijóo que o revisará a próxima semana
A Xunta levanta a restrición horaria do comercio pola COVID e reabre espazos culturais e aulas universitarias
Retómase o deporte en instalacións ao aire libre e a competición federada e fanse máis flexibles as visitas en residencias que completasen a vacinación, pero Feijóo pide “prudencia” porque “a incidencia sobe moito máis rápido do que baixa”