2.600 millóns: as cidades da eurorrexión poñen cifras ao que falta para modernizar o tren en Galicia
O Eixo Atlántico presenta un informe recompilatorio dos diversos estudos que vén encargando nos últimos anos para impulsar a mellora da rede ferroviaria
- Datos Coronavirus
- Acontece
A carreira contra a COVID non para: 229 novos casos fronte a 26.000 persoas máis con polo menos unha dose da vacina
1,3 millóns de persoas, case a metade da poboación galega, xa ten a pauta completa de vacinación
Non só toxos: a Xunta quere agora “valorizar” as matogueiras, “hábitats exclusivos de especies de flora e fauna”
Medio Ambiente encarga un estudo sobre o estado de conservación dos queirogais, que desde 2004 a UE reclama protexer mellor coa Rede Natura, cuxo plan director aprobado en 2014 xa establecía a necesidade de mellorar o seu inventario
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta seguirá priorizando a vacinación fronte á COVID por idade e destinará o 5% das doses á autocita, con condicións
Coa campaña centrada nas segundas doses ás persoas de 40-49 anos e nas primeiras doses ás de 30-39, a próxima semana só poderán pedir cita os maiores de 50 que aínda non fosen vacinados e os menores de 30 estudantes Erasmus
DomusVi recorre á Xustiza para tentar evitar que a Xunta revele cantas mortes coa COVID rexistrou cada residencia
A Xunta comunicou a Praza.gal a existencia dun recurso contencioso-administrativo contra a divulgación dos datos solicitada por este xornal ao abeiro da Lei de Transparencia. Foi formulado por DomusVI. O Goberno galego non identificou as empresas que os presentan, ao contrario do que si fixo noutros procedementos de transparencia similares
A xustiza decidirá se a Xunta revela cantas mortes con COVID houbo en cada residencia tras rexeitalo empresas privadas
Tras consultar co sector, o Goberno galego di que recibiu un recurso contencioso-administrativo opoñéndose a facer públicos os falecementos en cada centro
Feijóo nega que Reganosa queira "un encoro" nas Pontes malia publicitalo a propia empresa, da que a Xunta é accionista
O presidente di que o anuncio da compañía, con varios altos cargos da Xunta no consello de administración, responde aos "seus propios intereses" e que cando presente formalmente o proxecto “miraremos o cumprimento da normativa ambiental”
Esperanza, Felisa, Lía, Carmen: as ferroviarias galegas represaliadas polo franquismo tamén teñen o seu recoñecemento
O Ministerio de Transportes recompila nunha web as sancións e condenas que recibiu o persoal que traballaba no ferrocarril e non puido ‘demostrar a súa inocencia’
Reganosa anuncia "un novo encoro" e catro parques eólicos nas Pontes para producir hidróxeno
A empresa di que o seu plan con EDP Renováveis suporá un investimento de 780 millóns e 400 empregos fixos pero di que está condicionado “á poxa de capacidade pendente de celebración” por parte do Goberno de España
Dous ex-altos cargos de Feijóo son investigados por delito ambiental na mina de Varilongo, en Santa Comba
Os ex-responsables de Minas e Avaliación Ambiental, Ángel Bernardo Tahoces e Justo de Benito, foron citados este martes no xulgado nunha causa na que está pendente de decidirse o papel do agora líder do PP de Santiago, Borja Verea
A Xunta activa máis de dous anos despois de aprobalo por lei unha web de núcleos rurais abandonados con tres inmobles
O Goberno galego fala de “experiencia piloto” e anima a concellos e particulares a “incorporar información sobre as zonas e lugares en situación de abandono”
Feijóo fai xirar as medallas Castelao arredor do turismo
“Poucos pobos teñen no seu palmarés unha tradición tan unificadora, universal e atemporal como o Xacobeo”, di o presidente, que para quen “a pandemia supuxo un ataque directo á esencia da galeguidade”.