"Temos que apostar pola biotecnoloxía porque coa pandemia a fortaleza do turismo internacional de Santiago foi un problema"
Xosé Sánchez Bugallo (PSdeG) volveu hai agora dous anos a un cargo que xa ocupou de 1998 a 2011 e tras oito anos dos que di non rescatar "nada" do feito polo PP mentres que de Compostela Aberta queda cos proxectos que continuou
A banca pechou 18 sucursais en concellos onde a Xunta a vai subvencionar con 2,8 millons para poñer caixeiros
En 16 dos 34 concellos que xa se sumaron ao plan, os bancos pecharon unha ou máis das súas sucursais dende 2003. Noutros 15 xa non había banco a principios de século e os 3 restantes tiñan en 2020 cadansúa oficina. A Xunta repite que os concellos "non terán que facer ningunha achega económica", pero os convenios establecen que pagarán subministros como auga, luz ou telefonía. Resta saber que banco se vai beneficiar deste "incentivo"
As peaxes na AP-9 baixarán un 20% para os vehículos pesados desde a primeira viaxe
O ministro Ábalos reitera en Santiago o compromiso de que as rebaixas na Autoestrada do Atlántico estean en vigor en xullo, pero admite que a tramitación administrativa é complexa
O Goberno de España amplía 25 anos a concesión dunha hidroeléctrica no río Cerves, en Melón, que aumentará un 50% a captación de auga
A central foi outorgada en 1990 cun aproveitamento de 1.000 litros por segundo, ampliouse en 1999 a 2.200 e agora pasa a 3.300
O PP galego súmase á condena do embargo a Cuba e quere que a Xunta así o diga aos Estados Unidos
O Parlamento aproba por unanimidade unha proposición do BNG para apoiar a campaña de envío de xiringas á illa para a vacinación contra a COVID-19
A paralización de obras do AVE en 2016 e 2017 tivo custo económico pero tamén "social", di a presidenta do Tribunal de Cuentas
“Eu marcharía para a casa cun informe así sobre a miña xestión”, di Leiceaga de Ana Pastor na sesión das Cortes que analiza agora o informe que o ente fiscalizador emitiu hai ano e medio
A Comisión Europea lembra ao PP que as concesións no litoral non son ilimitadas
O eurodeputado pontevedrés Millán Mon focalizou en Ence a súa preocupación pola posibilidade de que unha reforma legal finalmente non concretada supuxese “unha expropiación encuberta sen indemnización”
Galicia encara o segundo verán da pandemia pendente aínda de contratar un sistema estable de rastrexo da COVID
Anunciado por Feijóo en marzo tras un ano con contratos de emerxencia, o concurso por 13,8 millóns non pasou da fase de valoración das ofertas, aínda non desveladas e cuxa gañadora terá 45 días para poñer en marcha o dispositivo
Feijóo invita o papa Franciso a visitar Galicia e o arcebispo de Santiago di ter “esperanza” en que así sexa
"É unha máis que evidente represalia": outra condena por despido evidencia o abuso de subcontratas e ETT pola Xunta
A empresa pública Seaga debe readmitir un traballador ao que cesou tras denunciar cesión ilegal por parte das empresas de traballo temporal polas que fora contratado para xestionar o persoal das brigadas contra incendios
- Datos Coronavirus
- Acontece
Continúa a redución de casos de coronavirus e a hospitalización segue á baixa malia á fin de semana
A incidencia en Lugo empeora lixeiramente pero a área sanitaria é a única das sete que xa non ten ningún caso ingresado
Unha década da desaparición do metro lixeiro das promesas da Xunta: das obras que Feijóo vía rematadas en 2009 aos plaxios de 2011
Na primavera de hai dez anos Medio Ambiente asinaba o último trámite público para a definición das posibles liñas de transporte que sucesivos gobernos galegos viñan publicitando desde 2001