- Documento Lei de Reactivación
- Política
A Xunta deixará que empresas privadas avalíen as alegacións da cidadanía contra proxectos con impacto ambiental
O Goberno galego tamén permitirá que as ‘entidades de colaboración ambiental’ ás que desviará parte do traballo do funcionariado realicen inspeccións como se fosen a administración, que despois pode asumilas como propias
A Valedora reprende a Facenda, Abanca e Seguridade Social por embargar a Risga a persoas sen recursos
Malia que as rendas de inclusión social son inembargables, a defensora do pobo constata varios casos que logrou reverter e censura que é un proceder que afecta “gravemente ás persoas vulnerables”
- Datos Coronavirus
- Acontece
Un gromo “duns 50 casos” relacionado con viaxes a Mallorca altera a tendencia da COVID en Galicia
Sanidade está aínda a recompilar as listaxes de viaxeiros e posibles contactos e solicita á poboación que acuda aos cribados, mentres nos hospitais a situación segue a mellorar
- Documento As novas liñas de bus
- Política
A Xunta é obrigada a corrixir novamente o concurso para o transporte escolar, que volve adiar os seus prazos
Educación pedía ás empresas interesadas, dun xeito que o tribunal de contratación considera confuso, unha base fixa operativa preto das liñas a realizar, pero agora só deben comprometerse a tela se gañan o contrato
O banco ao que a Xunta subvencione caixeiros recibirá axudas tamén para colocalos onde peche oficinas nos próximos anos
O Goberno galego xustifica a “axuda de Estado” á banca para que preste servizos financeiros onde os retirou previamente en que é unha “compensación por servizo público”
UGT renuncia ao AVE por Cerdedo que nacera dunha proposta súa hai dúas décadas e pide unha nova liña polo Miño
O sector ferroviario do sindicato propón que un novo nó ao sur do Porriño una os trens da saída sur de Vigo e da nova liña que planifica Portugal para dirixilos a Ourense a través dunha nova infraestrutura de 76 quilómetros que cuantifica en 1.600 millóns
- Documento Sector eólico
- Economía
Iberdrola quere negociar coa Xunta “compensacións” polas prohibicións á pesca que suporían os seus parques mariños fronte a Ortegal
A empresa tramita de xeito independente dous proxectos separados por poucos quilómetros con 35 aeroxeradores cada un e contempla a posibilidade de empregar eses emprazamentos tamén para a acuicultura
Feijóo culpa a Zapatero do prezo da luz e rexeita por “insolidaria” co Estado a tarifa eléctrica galega que pide o BNG
O presidente acusa ao PSdeG de poñer en risco a sanidade e a educación por pedir máis fondos da Xunta para os concellos
- Documento
- Política
Menos pistas e eucaliptos: o que pide Medio Ambiente a Medio Rural na revisión do seu plan forestal
Fronte á previsión de abrir máis vías para facilitar as tallas, o departamento ambiental da Xunta considera que “a densidade actual de pistas en todo o territorio xa é suficiente e incluso excesiva” e pide máis “ambición” na redución de eucaliptos
A Xunta quere abrir dentro dun ano con catro tobogáns o parque acuático que Feijóo prometeu para Ourense en 2016
O Goberno galego encarga por 4,8 millóns as obras do que denomina “primeira fase”, que aproveitan as piscinas xa existente en Monterrei e deixa abertas outras tres fases posteriores aínda non detalladas
A Xunta amplía noutro 6% as zonas nas que se pode construír no Parque Natural de Corrubedo
O plan reitor agora aprobado aumenta de 53 a 56 hectáreas os espazos de uso xeral, nos que remite á normativa urbanística municipal que cualifica como urbanizable a gran maioría deses lugares
O gran centro de discapacidade da Xunta non usaba o 70% do espazo un ano despois de abrir tras outros cinco rematado e pechado
O proxecto do CEGADI remóntase a 2005; foi impulsado polo Goberno de coalición PSdeG-BNG e asumido polo PP tras volver á Xunta. As obras non remataron ata 2013, con catro anos de demora e un custo duns 13 millóns, arredor dun 40% máis do previsto. Segundo as condicións do contrato de limpeza que a Xunta está a tramitar, uns 7.400 metros cadrados dos máis de 10.200 que ten o recinto seguen sen uso permanente