A Xunta eloxia como "valente" a decisión de paralizar a Cidade da Cultura para aforrar tras gastar nela preto de 350 millóns
O Goberno galego celebra o décimo aniversario da inauguración dos dous primeiros edificios anunciando unha “etapa de expansión” do complexo, en cuxa cifra de visitantes inclúe os desprazamentos diarios do persoal que alí traballa
A Audiencia Nacional acusa á Xunta de protexer os "intereses económicos" dalgunhas empresas de xogo fronte a outras
O tribunal anula, por atentar contra a libre competencia, a esixencia de que a instalación de máquinas de apostas en locais que xa teñan aparellos comecartos conte coa sinatura do propietario destes
O Supremo ratifica que a Xunta discriminou a bombeiros de máis de 60 anos aos que mantiña en primeira liña de lume
O alto tribunal establece que o persoal temporal de loita contra os incendios forestais tamén tiña dereito a pasar a segunda actividade por idade como os traballadores fixos, situación que o Goberno galego non mudou ata hai dous anos
Política Social discrepa de Sanidade sobre "reelaborar" os datos de mortes por COVID nas residencias, pero tamén os oculta
A Valedora afea á Xunta a súa demora en facilitar datos abertos sobre a evolución da pandemia en Galicia
As residencias chegan á terceira onda da COVID con novos brotes á espera da segunda dose da vacina que dá a inmunidade
Os casos en centros de maiores e discapacidade volven aumentar tras o val que rexistraron xusto antes do Nadal
A Valedora pide á Xunta máis axilidade coas denuncias de acoso laboral tras constatar que tardan máis dun ano en analizarse
Tras ampliarse de un a seis meses o prazo para resolver os casos e tampouco así cumprirse, a defensora do pobo pide crear a figura do “asesor confidencial” para corrixir conflitos antes de que teña que actuar o comité de intervención, sobrecargado de traballo
Seguidores de Trump asaltan o Capitolio e interrompen a ratificación de Biden como presidente dos Estados Unidos
O presidente republicano saínte rexeita a violencia tras acusar ao seu número 2, Mike Pence, tamén presidente do Senado, de non ter “valor” para protexer o país fronte aos demócratas mentres a CNN fala de “golpe” de Estado
O PP corrixe a súa reforma sanitaria para que as medidas contra o alcol xa non se dirixan a “todos os ámbitos” senón só a menores de idade
Nas súas auto emendas os populares non atenden a advertencia da Xunta de que a súa proposición de lei pode deixar sen axudas a vítimas de violencia machista e manteñen a súa redacción nese punto.
Sánchez concede de novo a Reganosa permiso ambiental ano e medio despois de que o Supremo anulase o que lle dera Rajoy
A planta de gas, que opera desde 2007, avanza na súa legalización tras as cinco sentenzas que recibiu do alto tribunal anulando diversas autorizacións previas
- Documento
- Acontece
A investigación do afundimento cun morto hai dous nadais en Malpica insta á Xunta a “non demorar” a mellora do porto
O informe agora feito público di que o falecido patrón do Silvosa “apartouse do procedemento habitual de saída da dársena”, na que as correntes “supoñen un risco” durante “períodos de tempo significativos durante o inverno”
- Datos Coronavirus
- Acontece
A hospitalización por COVID medra un 15% desde Nadal mentres o descenso de probas PCR rebaixa os novos casos detectados
O Sergas rexistra seis novas mortes nunha xornada na que só sumou 296 novos casos tras realizar apenas 3.300 probas PCR fronte ás entre seis mil e nove mil que se viñan facendo desde finais de outubro
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia entra en 2021 coa COVID novamente en ascenso dez días despois da relaxación de restricións do Nadal
Os falecementos superan os 1.400 e hai 354 persoas hospitalizadas