A Xunta tenta legalizar un parque eólico fragmentado artificialmente argumentando que foi denunciado tarde
O Tribunal Superior sentenciou que a avaliación ambiental non fora adecuada, pero o Goberno galego e a empresa argumentan ante o Supremo que o recurso fora presentado contra a aprobación definitiva do parque e non contra o trámite ambiental previo
Endesa no Eume: un encoro sen normas polo "incumprimento reiterado" da empresa
A eléctrica esgrimiu a concesión franquista de 1953 como aval para mudar a explotación da presa en beneficio do seu “rendemento”, pero os técnicos de Augas de Galicia desbotaron as súas reiteradas alegacións
A remodelación de San Caetano superará os 70 millóns de euros unha década despois de que o PP a empregase como arma política
O complexo levantado hai máis dun século e empregado desde 1985 como sede central da Xunta está a ser mellorado polas deficiencias enerxéticas e de habitabilidade que foi acumulando neste tempo
Dimite do cargo a dedo que mantiña o ex-xefe de Adif acusado por Angrois, segundo en caer 8 anos despois do accidente
Andrés Cortabitarte, para quen o fiscal vén de pedir catro anos de cadea, xa non era responsable de Seguridade, pero seguiu todo este tempo nun posto de libre designación e agora volverá ser técnico de base á espera do xuízo
A Xunta volverá prorrogar os contratos de transporte escolar mentres resolve o concurso que tivo que repetir polos seus "erros"
Educación espera que a prolongación dos servizos actuais non vaia “máis aló do ano 2021” tras admitir que no concurso anulado faltaban 284 paradas
Feijóo admite que non creou ningunha residencia pública en 12 anos e salienta que aumentou en 13.000 as prazas concertadas
“Leccións para reforzar os servizos públicos, ningunha”, di o presidente á oposición amparándose nas vitorias electorais
A Xunta considera "urxente" outro ano máis contratar helicópteros contra incendios ás portas do verán
Medio Rural volve reducir o prazo para presentar ofertas e con el a posible competencia entre empresas, actuación criticada polo Consello de Contas
Nin rebaixadas ao 80%: a TVG tampouco dá vendido ao segundo intento as 9.000 cintas de vídeo que lle quedaron obsoletas
A dixitalización dos seus sistemas fai que xa non precise eses dispositivos de gravación que ten intactos e que tras intentar vender cando menos por 71.000 euros tampouco logrou colocar por unha quinta parte
Multa dun millón de euros a Endesa polos danos ao río Eume que provocou en 2020 para "optimizar o rendemento" da súa central
O instrutor de Augas de Galicia remata o expediente sancionador certificando que a eléctrica “desatendeu as ordes” que lle deron durante 20 días “con grave risco para a poboación e o ecosistema”
A Audiencia Nacional condena á Xunta por publicar datos persoais de alumnado no exterior dunha escola
Protección de Datos sancionou a Educación só cun apercibimento e ditoulle medidas correctoras, pero o Goberno galego rexeitounas e recorreu á xustiza, que vén de desestimar a súa postura
- Datos Coronavirus
- Acontece
A hospitalización por COVID cae a unha décima parte do máximo que chegou a haber en toda a pandemia
O Sergas suma 173 novos casos e leva dous días sen comunicar novos falecementos
Tras dez anos de bloqueo o PP súmase agora ás reclamacións da oposición para que a Xunta amplíe a Rede Natura
A UE esixe desde 2004 que se protexan mellor espazos e especies como queirogais ou turbeiras, ameazados polos parques eólicos