- Datos Coronavirus
- Acontece
A hospitalización por COVID cae a niveis previos á segunda vaga
O Sergas comunica dous novos falecementos, o que suma 2.401 desde o comezo da pandemia, e 177 novos casos da enfermidade
Feijóo acusa a BNG e PSdeG da crise industrial en Galicia
O presidente atribúe aos nacionalistas a oposición social aos parques eólicos e aos socialistas o peche da térmica das Pontes
De Pujol, Ardanza e Fraga a Feijóo: a Xunta "inaugura" un Monte do Gozo preparado para "milleiros de persoas"
O presidente relaciona as melloras e reparacións realizadas no complexo aberto en 1993 coa “reinauguración” da Catedral que el mesmo presidiu hai medio ano
- Documento O foco na transparencia
- Política
O comité clínico que asesora á Xunta fronte á COVID non levantou acta de ningunha reunión en toda a pandemia
O Goberno galego di que a comisión de expertos tampouco elaborou nunca por escrito ningún informe ou acordo no que se baseasen as decisións finais, que atribúe a outros órganos
O PP reúnese con gardas civís para dicirlles que a Xunta non quere a competencia de tráfico se non a exerce este corpo
Os populares queren “incluso máis Garda Civil” e consideran “prematuro” dicir se van derrogar ou modificar a lei que desde 2007 prevé que a Policía de Galicia se encargue da “vixilancia e control do tráfico”
A Xunta tenta reactivar o Xacobeo xa sen un peche de Galicia que non impediu a chegada de peregrinos
Unha de cada dez persoas que obtiveron a compostela no que vai de ano declararon comezar o camiño fóra do país malia as restricións pola COVID
Alén da foto de señores para os fondos da UE: a Xunta incumpre a Lei de Igualdade na metade das empresas públicas
O Goberno galego empeorou a disparidade nos últimos anos nomeando aínda máis homes como conselleiros en varias sociedades que antes si eran paritarias, como o Xacobeo ou Seaga
A Xunta incorpora este luns os preto de mil brigadistas contra incendios que emprega seis meses ao ano
O persoal fixo descontinuo ao que Medio Rural recorre durante medio ano é un terzo do total que chega a ter activo na época de risco alto, e a el hai que engadir outro medio milleiro que só traballa nove meses
O PP reclama o nome de Chano Piñeiro para un festival de cine tras abandonar hai unha década o premio honorífico da Xunta
O Goberno de Feijóo deixou de entregar en 2010 o galardón institucional creado por Touriño tras prometer un festival en Vigo, idea que agora retoman os populares vigueses
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos diarios de COVID mantéñense por baixo dos 200 malia o elevado número de probas, con 9.300 PCR na última xornada
Un novo falecemento eleva a 2.394 as mortes desde o comezo da pandemia mentres que nos hospitais a ocupación volve medrar lixeiramente ata as 202 persoas ingresadas
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A semana remata cuns 600 casos activos de coronavirus no ensino, na liña da última quincena
Como no global da sociedade, a estabilidade é a nota dominante nos centros educativos, con 37 aulas pechadas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Mantense a moderación da incidencia da COVID e da atención hospitalaria
Na última xornada rexistráronse 191 novos casos e Sanidade cualifica a evolución da incidencia como un "aumento que semella máis unha estabilización, cunha porcentaxe de cambio diario de 0,8 %”