A UE dubida de que a axuda de 20,7 millóns a Citroën que investiga contribuíse ao desenvolvemento de Galicia
A Comisión Europea di que “o investimento tería sido máis rendible economicamente ou máis viable” noutra fábrica de Eslovaquia nunha rexión “polo menos igual de desfavorecida” que Galicia
A Xunta ten que pagar 33.000 euros de xuros por abonar tarde facturas dos helicópteros de emerxencias
Babcock-Inaer, a empresa que opera a maioría dos servizos aéreos da Xunta, reclamou a débeda de varios anos antes ao tempo que o Goberno galego a deixaba fóra do servizo do 061
Ana Pastor alegou ao Tribunal de Cuentas que a parálise do AVE no seu mandato foi herdanza de José Blanco, que o nega
A ex-ministra escribiu ao ente fiscalizador dicindo que non podía explicar as irregularidades detectadas polo tempo transcorrido e porque non ten a documentación
O PSdeG pide explicacións pola paralización irregular do AVE co PP e Feijóo considérao unha "desfachatez"
O presidente lembra que os socialistas xa coñecían e asumiran os atrasos de 2016 e 2017 pero evita valorar as irregularidades agora desveladas polo Tribunal de Cuentas do xeito en que se pararon as obras
O Tribunal de Cuentas desvela que Adif paralizou obras do AVE galego en 2016 e 2017 de xeito irregular
Un informe do ente fiscalizador sinala que entre 2014 e 2017, co PP á fronte, a empresa pública só executou o 49% do previsto, con decisións que cualifica como contrarias á lei, incoherentes ou froito de “inadecuada planificación”
A Xunta volve publicitar outra subvención para un aloxamento turístico en Barreiros, con centos de vivendas baleiras
A Consellería de Medio Rural outorga 200.000 euros para abrir un hotel do que gaba que “contribuirá a potenciar a oferta turística” dunha vila que o seu anterior alcalde quixo converter no “Sanxenxo do norte” coa burbulla inmobiliaria
O cargo de Adif imputado por Angrois testificará como experto no xuízo do accidente do Metro de Valencia
A vista oral pola morte de 43 persoas en 2006, nun sinistro con semellanzas que facían evitable o de Santiago de 2013, comeza o próximo luns 27 e durará seis meses
“Galiza non necesita doutro presidente coa mesma submisión a Madrid”, di Pontón na súa presentación como candidata á Xunta
“O cambio pasa por que Galiza teña unha presidenta do BNG”, asegura a nacionalista, xa que “fan exactamente o mesmo os progres, a dereita ou esa nova vella política enferruxada”
A Xunta recúa e reabrirá o paridoiro de Verín tras dous meses de mobilización cidadá
O Sergas asegura que a próxima semana formalizará os contratos de dous pediatras e prepara “un protocolo” co que poder retomar os partos “nos primeiros días de febreiro”
O Poder Xudicial di agora que non fará máis nomeamentos tras designar en funcións cinco altos postos en Galicia
O órgano de goberno dos xuíces, interino desde decembro de 2018 e coa composición conservadora da época de Rajoy, designou neste tempo as presidencias do TSXG e das audiencias da Coruña e Pontevedra, pero agora paraliza a de Ourense
O debate sobre o remate do AVE que obvia as leccións aprendidas de Angrois
Fronte ao ano e medio que duraron as probas na última liña aberta, a de Granada, na Ourense-Santiago concentráronse en seis meses e os maquinistas non chegaron a circular pola vía na que ocorreu o accidente
Feijóo xustifica a falta de medidas concretas da súa lei demográfica en que “non pode hipotecar a gobernos sucesivos”
O presidente asegura que “a inmensa maioría” das recomendacións do CES serán incorporadas nun texto que atribúe aos “profesionais de recoñecido prestixio que nos asesoraron”