- Documento Recuperación tras a COVID
- Política
Menos eucalipto e máis funcións das brigadas contra incendios, entre as reformas do Plan de Recuperación estatal
Os apartados dedicados á conservación da natureza do documento remitido polo Goberno de España á UE din apostar por “garantir o uso público” do mar e a costa pero non din nada de recuperar concesións
A Xunta recupera no seu “Pacto de Estado por Ferrol” a promesa dunha autovía coa Mariña que incumpre desde hai unha década
En 2009 o PP prometeu que en 2012 poría en servizo unha autovía ata San Cibrao, pero dos 80 quilómetros só rematou 16 de corredor cun carril por sentido do que priorizou treitos afastados de Ferrol
- Documento Recuperación tras a COVID
- Política
O Goberno de España di á UE que vai obrigar ás autonomías a reducir a temporalidade do persoal sanitario
O plan de reformas enviado a Bruxelas prevé reformar o estatuto marco da sanidade “antes de finalizar 2023” e facer máis atractivas as prazas en zonas rurais
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta levanta o peche de Galicia pola COVID e mantén perimetrados e con toque de recollida os concellos en nivel máximo
Os bares poderán abrir ata as 23 horas e os restaurantes ata a 1 da madrugada, pero Feijóo quere que a xustiza lle permita prohibir reunións de non conviventes a partir desa hora. Tras a lixeira tendencia ascendente posterior á Semana Santa, os indicadores epidemiolóxicos volven tender ao acougo, cunha media duns 170 casos novos por xornada nos últimos sete días
Ninguén quere as 9.000 cintas de vídeo “obsoletas” que tentou vender a TVG, que agora convoca unha poxa á baixa
A corporación, que antes aspiraba a lograr cando menos 71.000 euros por elas, está disposta agora a entregalas cun desconto de ata o 80% do prezo inicial
Dous meses despois de anular o concurso do transporte escolar a Xunta corrixe tamén as súas condicións laborais
Educación presume agora de que as empresas deberán cumprir a lei de igualdade e di que “continúa a traballar” para “reiniciar o proceso” de contratación do servizo
A Xunta permitirá muíños en lugares non previstos no Plan Eólico, pero non quere que o Estado poida facer o mesmo
O Goberno galego quere que os concellos poidan coñecer os futuros proxectos antes de que se expoñan ao público para o resto da cidadanía
Insomnes municipais fronte á burocracia da Xunta: a medianoite no Concello diante do ordenador para non perder unha subvención
A decisión do Goberno galego de entregar unhas axudas por orde de recepción das solicitudes ata esgotar os cartos, o que se produciu en só 9 minutos, pon en valor o esforzo de edís e funcionarios especialmente implicados coas súas vilas
- Documento Exclusión financeira
- Economía
A Xunta pagará a bancos para que poñan caixeiros onde xa non hai oficinas e axuden a operar neles dúas horas á semana
Os concellos interesados cederán o local e o Goberno galego subvencionará á entidade financeira a instalación e mantemento do aparato e o custo de destinar persoal 104 horas ao ano para “formar” á cidadanía no uso da banca electrónica
Condenada a secretaria do Concello de Barreiros que en 2007 recibiu un suborno de 100.000 euros dun promotor inmobiliario
A Audiencia de Lugo tamén sentencia ao empresario e unha administrativa municipal que falseou un expediente, segundo ela “porque así llo indicou, en máis dunha ocasión, o alcalde”
Unha emenda á lei climática ratifica que non revogará concesións costeiras en vigor mentres ENCE segue pendente da Xustiza
Os socialistas admiten no último momento unha emenda de Ciudadanos que muda a ambigua expresión que se refería aos “actos administrativos ditados” por outra que fala dos “actos administrativos que se diten”
A Xunta volve repartir en 9 minutos 2,3 millóns de euros para obras a concellos co persoal máis áxil ante o ordenador
Como xa sucedera en 2018, cando esgotara 4,3 millóns en 12 minutos, e de xeito similar co bono turístico hai dúas semanas, a entrega de subvencións por orde de presentación a partir da medianoite privilexia aos máis rápidos