A Xunta reclama ao Estado como "estratéxica" unha autovía da Gudiña a Portugal que nunca preveu nos seus plans
Na súa estratexia de confrontación co executivo de Sánchez, o Goberno galego anuncia tamén "emendas" aos orzamentos do Estado que legalmente non pode presentar
A UE di seguir pendente dous anos despois de se España cumpre a lexislación ferroviaria que a obriga a investigar ben Angrois
“Unha vez finalizadas todas as medidas que deben tomar os distintos axentes do sector ferroviario español, a Comisión estudará se as preocupacións planteadas no procedemento de infracción se abordaron adecuadamente”, di a comisaria de Transportes en resposta ao BNG
Os orzamentos do Estado auguran anos de orfandade das autovías a ningures iniciadas por Magdalena Álvarez e Ana Pastor
Os dous treitos rematados ou case da A-56 Ourense-Lugo e da A-57 de circunvalación de Pontevedra seguirán sen continuidade máis dunha década despois de iniciarse os seus traballos de xeito illado
Feijóo prevé que o paro suba ao 12,9% en 2021 e dispara o gasto nos orzamentos da Xunta a 11.664 millóns, por riba dos de Touriño
O Goberno galego aumenta un 15% o seu teito de gasto “excepcional e irrepetible” para o próximo ano grazas a 1.800 millóns “extraordinarios” que espera obter fundamentalmente de fondos europeos
O poder xudicial retoma o nomeamento da presidencia da Audiencia de Ourense sen agardar pola súa propia renovación
En funcións desde hai dous anos, en xaneiro o CGPJ paralizou nomeamentos pendentes como o ourensán ante a falta de acordo dos partidos para actualizar a súa composición, pero agora reactívaos xusto cando Sánchez vén de ofrecer a Casado unha nova negociación
Feijóo di estar a prol do confinamento nocturno pero ataca a Pedro Sánchez por "cargarse o consumo no Nadal"
O presidente da Xunta proclama, tras a conferencia de presidencias autonómicas co Goberno de España, que abeirar as novas restricións pola COVID-19 nun estado de alarma é "cargarnos o consumo no Nadal" e "pechar a Semana Santa", ademais de "demoledor" para a "reputación internacional de España"
"Segundo semestre de 2021": a nova data do AVE nun Xacobeo en estado de alarma
O ministro de Transportes avanza que os orzamentos do Estado que se presentan este martes prevén solucións ao “agravio real que representan as peaxes da AP-9”
Unha empresa da familia do conselleiro de Medio Rural mantén desde 2015 unha estrutura "ilegalizable" polo seu "tremendo impacto"
José González deixou de ser socio de Bodegas Casal de Armán SL ao pasar de deputado a conselleiro en 2018, pero o comedor prefabricado para eventos que outra empresa da familia, Casal de Arman SL, levantou xunto a unha reitoral protexida conta con orde de demolición desde 2015, un ano antes de ser candidato do PP
- Documento Coronavirus
- Acontece
Laborais, sanitarias ou de forza maior: as excepcións ao toque de queda que as comunidades poderán levantar o 9 de novembro
O decreto do estado de alarma xa está en vigor, pero o Goberno contempla que durante a súa prórroga posterior ata maio as restricións nocturnas poidan ser decididas polas autonomías, que xa poden pechar os seus territorios
Sánchez decreta o estado de alarma con confinamento nocturno para loitar contra a COVID, que será xestionado pola Xunta
O presidente do Goberno central prevé que a medida se prolongue medio ano cun toque de queda entre as 23 e as 6 horas que poderá ser modificado lixeiramente polas comunidades, que manterán o mando da situación
- Datos abertos Coronavirus
- Acontece
Segunda xornada con máis de 600 novos casos de coronavirus e 8.000 PCR en Galicia
Malia ao aumento de casos, a porcentaxe de probas que resultan positivas mantense desde hai días arredor do 8%
As mostras sobre Galicia no mundo, Castelao e o fútbol fixeron de 2019 o ano récord do Museo da Cidade da Cultura
As exposicións do principal edificio do Gaiás recibiron o pasado ano 129.000 visitantes, case o dobre que un ano antes