A Valedora afea o silencio administrativo da Xunta antes de admitir que o comité clínico da COVID non levantou actas das súas reunións
A responsable de velar pola Lei de Transparencia volve constatar outro incumprimento do Goberno galego, que só contestou dicindo que non existía a información solicitada despois dun recurso
A Xunta é condenada por quitar unha axuda a un autónomo porque fixo un ingreso nun banco e non unha transferencia
O Tribunal Superior censura que a Consellería de Economía non saiba que un “pago en efectivo”, prohibido pola normativa, sería darlle os cartos directamente a un provedor, pero non a través dunha entidade financeira que permite controlar a transacción
A Xunta fai responsable ao Goberno de España de dicir cantas persoas morreron con COVID en cada residencia galega
O Goberno galego négase novamente a darlle ao Parlamento os datos que ten no seu poder incumprindo así o regulamento da Cámara
De botín dun corrupto a hotel de catro estrelas: así rematou a casa reitoral que destapou o caso Retablo
A trama de arte sacro pola que foron condenadas seis persoas, entre elas dous técnicos da Xunta, estourou cando en 2009 veciños de Paraños viron que estaba á venda o inmoble que eles coidaran durante décadas, agora reformado con fondos da UE
- Datos Coronavirus
- Acontece
Menos dun cento de hospitalizacións con COVID por primeira vez desde agosto
A enfermidade segue a retroceder pero o Sergas comunica dúas novas mortes na última xornada, sete en catro días
O Estado require a Audasa melloras na seguridade por 3,4 millóns, o 10% dos seus beneficios no ano da pandemia
O ministerio asegura que a AP-9 está “entre os traxectos máis seguros, tendencia que se mantén nos últimos 17 anos”, período no que a concesionaria recibiu varias condenas tras tentar culpar de sinistros aos condutores
Unha plantación de 543 hectáreas de eucaliptos en terreos de Endesa nas Pontes busca “maximizar o rendemento económico”
A documentación ambiental a trámite ante a Xunta admite que “o maior risco é a ocorrencia dun incendio forestal” pero asegura que a actuación será fragmentada con “áreas de conservación” de frondosas autóctonas
Chega a eólica mariña a Galicia: comeza a tramitación ambiental dos dous primeiros parques de Iberdrola
O Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de facer público o inicio da avaliación de dous posibles proxectos flotantes de 490MW cada un e denominados “San Cibrao” e “San Brandán”
Feijóo demora as súas promesas de ampliar o concepto de familia numerosa e rebaixarlles as peaxes
O compromiso electoral de ter en conta certas familias con menos de tres fillos queda condicionado a que o orzamento da Xunta poida asumilo, mentres que nas autoestradas aínda se está a ultimar o sistema 20 meses despois de anuncialo o presidente
Non só o río Eume: as Fragas non terán plan reitor ata 2022, unha década despois do gran incendio
A Xunta leva 20 anos sen cumprir a lei galega de 2001 que a obriga a planificar o uso e xestión do espazo protexido mentres acusa a Endesa de non querer aprobar as normas de explotación do seu encoro
Educación nega ter datos dos novos casos de COVID en cada centro tras desviarlle Sanidade a responsabilidade
As dúas consellerías admiten oficialmente carecer de información sobre os novos positivos que van afectando ao ensino. Sanidade respondera previamente que a competencia para informar dos novos casos é do órgano "que posúa a información, que consideramos é Educación"
A Xunta tenta legalizar un parque eólico fragmentado artificialmente argumentando que foi denunciado tarde
O Tribunal Superior sentenciou que a avaliación ambiental non fora adecuada, pero o Goberno galego e a empresa argumentan ante o Supremo que o recurso fora presentado contra a aprobación definitiva do parque e non contra o trámite ambiental previo