Listas de espera e críticas do Consello de Contas: o que se coñecerá xusto despois do 12X
Informes de contido negativo para a Xunta veñen facéndose públicos en venres de verán, o que reduce a súa repercusión, e desta volta chegarán tras as eleccións
- Vídeo Coronavirus Galegas 2020
- Política
Feijóo, sobre o resto de partidos na Mariña: “Probablemente non teñan como obxectivo salvar vidas senón outro”
O presidente e candidato do PP avanza a súa intención de levantar este venres a restrición de mobilidade en parte da comarca e asegura que “as eleccións cos datos que temos agora vanse desenvolver con normalidade”
Baltar reivindica que o PP de Ourense "terá de novo un papel decisivo" para darlle a Feijóo a Xunta
Tras enfrontamentos directos como o do peche do paridoiro de Verín, o presidente ourensán promete agora “absoluta colaboración e cooperación institucional cun novo goberno popular”
A Consellería de Educación fixa o 10 de setembro para a volta ás clases pero aínda non ten protocolo fronte ao coronavirus
A Xunta fai oficial o calendario escolar do curso 2020/21, no que as aulas rematarán o 22 de xuño e o nadal vai do 23 de decembro ao 7 de xaneiro
A Xunta eloxia a Lei da Paisaxe do bipartito ao aprobar con 11 anos de atraso o regulamento que a desenvolve
“A Comunidade Autónoma de Galicia é hoxe consciente da importancia das nosas paisaxes e do deber que temos de preservalas”, di agora o Goberno galego, que aínda ten pendentes de aprobar as Directrices da Paisaxe, o documento que establecerá as normas imperativas ao respecto
O ministro Illa volve de novo a Galicia en apoio de Caballero cun chamamento de “respecto, non medo” ao coronavirus
O candidato do PSdeG preséntase como “un presidente da Xunta aliado da xente do común” e di que “non hai un só voto que poida valer máis que o risco para a nosa cidadanía”
Un xulgado de Lugo ratifica o peche da Mariña pero evita pedir á policía que o faga cumprir de xeito coercitivo
A propia Xunta admitía que a "plena efectividade" do peche estaba condicionada á súa "ratificación xudicial", e agora a Xustiza considera as medidas "proporcionais" pero elude ordenar o seu cumprimento ás forzas de seguridade e pide coordinación entre administracións
O Estado compensará ás autoestradas as perdas no estado de alarma, pero non o que deixaron de gañar
O Ministerio de Transportes prorrogará uns días as concesións para que igualen ingresos e gastos pero nada di dos casos, como a AP-9, que xa tiñan concesións polo máximo legal permitido de 75 anos
- Entrevista Galegas 2020
- Política
"En Ciudadanos intentamos a coalición co PP fronte á ameaza real de populistas e nacionalistas"
Beatriz Pino, xornalista de profesión, foi deputada no Congreso o pasado ano e desde hai varios é a cara máis recoñecible en Galicia de Ciudadanos, de cuxa executiva estatal forma parte. Agora é a candidata á presidencia da Xunta.
- Crónica Galegas 2020
- Política
Carmen Calvo pide “un presidente da Xunta que non tire balóns fóra”
A vicepresidenta do Goberno central apoia en Santiago a Caballero, quen pide a Feijóo que “diga a verdade” sobre a situación na Mariña e defende a recuperación do Pazo de Meirás
Votar é máis seguro que a misa ou o bar e como ir á farmacia: as comparacións do PP fronte á desmobilización dos seus
Os populares activan unha campaña na que mudan o lema “feito” que viñan empregando para gabar logros da Xunta nestes anos por “non o deas por feito” para pedir a mobilización do seu electorado
- Vídeo Coronavirus Galegas 2020
- Política
Pedro Sánchez remite a Feijóo as preguntas sobre se vai ser seguro votar
O presidente do Goberno lembra que “a política sanitaria está en mans das comunidades autónomas e quen ten que ofrecer esa información é o presidente da Xunta”