A Xunta e o PP multiplican os actos sobre ocupación de vivendas mentres tribunais e policía desmenten a "alarma"
A conselleira de Vivenda reúnese cunha empresa que xestiona alugueiros e cataloga inquilinos e pide acabar coa “sensación de impunidade”
- Datos abertos Escola pública
- Acontece
47 casos de coronavirus máis nos centros educativos, pero 3 aulas pechadas menos
Son 305 os casos activos entre alumnado ou profesorado dun total de 203 centros educativos distintos
Do coronavirus aos incendios: un Día do Dereito a Saber ás escuras en Galicia
En contra das recomendacións da ONU e obviando a lei autonómica de 2016, a Xunta vén restrinxindo o acceso da cidadanía á información que posúe sobre todo tipo de cuestións da súa competencia, en particular relacionada con crises
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos de coronavirus estabilízanse no conxunto de Galicia pero as áreas de Pontevedra e Ourense seguen a empeorar
A última xornada, con dous novos falecementos, os dous ligados a residencias de maiores, e unha lixeira redución da hospitalización, foi a terceira consecutiva con máis de 6.000 probas PCR
Só 10 dos 57 altos cargos da Xunta seguen no posto desde o primeiro goberno de Feijóo
O Executivo galego vén de aumentar en dúas as direccións xerais a respecto da estrutura anterior
O Parlamento leva nove meses sen aprobar unha lei, o período máis longo desde 1986
A paralización derivada do aprazamento electoral polo coronavirus prodúcese despois de que a pasada lexislatura fose a de menor produción da historia da autonomía, con só 22 leis, e segue pendente a de impulso demográfico, principal aposta declarada por Feijóo en 2016
En Marea disólvese catro anos despois da súa fundación
A formación creada inicialmente como partido instrumental e que chegou a ser segunda forza nas galegas de 2016 inicia o proceso da súa desaparición tras obter o 0,22% dos votos o 12 de xullo
- Datos Escola pública
- Acontece
258 positivos e 51 aulas pechadas tras a primeira semana de información sobre o coronavirus nos centros de ensino
Na última xornada aumentaron en 39 os casos positivos pero baixaron en tres as aulas pechadas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Segundo día consecutivo de récord de probas PCR, con máis de 6.500, e 267 novos casos, outros 13 en residentes en centros de maiores
Xa son 320 os usuarios afectados en once residencias de maiores, mentres nos hospitais aumentan os pacientes en UCI, ata 35, pero diminúen en planta, a 201
Silleda acolle desde o 3 de outubro as primeiras oposicións da pandemia á espera de que a Xunta concrete data e lugar para as máis concorridas
O Goberno galego comeza a reactivar os procesos, paralizados en abril, coas probas de funcionarización de persoal laboral, cun máximo de 300 persoas no exame máis numeroso, pero advirte de que "poderán ser modificadas por recomendación das autoridades sanitarias"
A Xunta dedica dous millóns de euros a “apoiar as orquestras galegas sempre que promovan o Xacobeo 2021”
A “reactivación económica e emocional de Galicia” a través do ano santo é un dos argumentos que emprega o Goberno galego para xustificar a subvención
Feijóo gábase da perda de 111 millóns de ingresos nun ano por rebaixas de impostos
O presidente salienta a decisión de quitar o imposto ás herdanzas de entre 400.000 e un millón de euros e presenta as exencións fiscais como “cartos que deixamos nos petos das familias”