Euskaltel, matriz de R, ficha á ex-conselleira Beatriz Mato 8 meses despois de deixar a política pola súa “traxectoria profesional”
A ex-responsable de Medio Ambiente e ex-candidata do PP na Coruña xa era desde febreiro directiva da enerxética Greenalia, que abriu unha planta en Curtis grazas a unha modificación legal da Xunta en 2016
- Gráficos Coronavirus
- Acontece
Un de cada dez positivos de coronavirus en Galicia desde o comezo da pandemia rexistrouse nos últimos oito días
As cifras oficiais da Xunta están a piques de chegar aos 15.000 casos desde marzo, dos que case 12.000 están “curados” e 2.300 activos, con preto de 1.500 novos casos só desde o domingo 16 de agosto
O que custou o AVE a piques de rematar (4): a indefinición sobre o tren futuro
O tren de altas prestacións galego entrará en servizo dúas décadas despois da colocación da súa primeira pedra. Durante as cinco fins de semana de agosto repasamos o que quedou polo camiño neste tempo máis alá do investimento.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O brote de coronavirus na residencia do Incio fai que Lugo teña máis casos activos agora, 254, que no pico do peche da Mariña
A Xunta comunica o falecemento na última xornada de dúas persoas, as dúas na área lucense, unha delas no propio centro agora intervido, e na Coruña seguen a aumentar os ingresos hospitalarios
Unha condena á Xunta por tardar 47 minutos en atender un ferido de tráfico volve poñer o foco na coordinación das emerxencias
O Tribunal Superior atribúe a “descoordinación entre os diversos servizos intervenientes” a “só 15 quilómetros de Lugo” á Administración galega, que en casos como Angrois ou o incendio de Fandicosta desviou as críticas aos profesionais
A xuíza ve “sorprendente” a acusación policial de corrupción ao capitán do Dépor polo partido co Fuenlabrada e arquívaa
A maxistrada salienta que os axentes non achegaron “ningún elemento obxectivo e serio de proba ou indicio de criminalidade” máis alá dunha conversa do xogador
- Datos Coronavirus
- Acontece
65 maiores dunha residencia do Incio dan positivo en coronavirus un día despois que un traballador e aumentan os novos casos na Coruña
A área coruñesa supera os mil casos activos con 106 diagnósticos na última xornada, pico do brote, e a morte dun home
A Xunta dá por “controlado” o brote de coronavirus da Mariña tras dous meses e retira a Catalunya da lista de control de viaxeiros
Sanidade di que “non se pode falar aínda de normalización epidemiolóxica” pero na comarca lucense “non semella ser diferente doutras zonas de Galicia”
O Sergas xa acumula un mes de demora na publicación das primeiras listas de espera afectadas pola pandemia
Desde que en 2015 mudou os períodos de cómputo e deixou de informar dos dous trimestres con peores datos, Sanidade sempre comunicou o primeiro semestre de cada ano entre o 19 e o 22 de xullo
Abel Caballero quere “recuperar o Nadal como parte da cultura occidental” fronte a “xente á que non lle gusta por razóns ideolóxicas”
O alcalde vigués preside o inicio da instalación de “10 millóns de luces led” e anuncia unhas festas “con seguridade 100%” fronte ao coronavirus
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os cribados en varios concellos elevan a máis de 3.000 as PCR na última xornada, na que se comunican 150 novos casos de coronavirus
Na Coruña seguen a moderarse as cifras tanto de novos casos como de atención hospitalaria
“Realizaba un ascenso por riba dunha ladeira moi pronunciada e precipitouse”: Comeza a investigación do accidente do hidroavión en Lobios
Aviación Civil fai pública a “información preliminar” do sinistro no que morreu o copiloto e resultou ferido grave o piloto