A xustiza anula o ERE de Alcoa pola súa "mala fe" e acúsaa de buscar só o peche da fábrica na Mariña
O TSXG ordena reincorporar o persoal afectado e advirte que a empresa só quixo "apagar as cubas e pechar a fábrica da maneira máis rendible posible” e que o número de despedidos permitíalle non ter que devolver axudas públicas.
A Xunta contratará empresas para axudar a outras empresas a obter os seus permisos
O Goberno galego creará a Oficina Facendo Negocios e obrigarase a dar financiamento público aos proxectos que considere estratéxicos ou prioritarios
Feijóo presume de "ritmo lexislativo sen precedentes" tras o segundo período máis longo sen leis da historia da autonomía
O presidente di que "a Galicia que pensamos para a vindeira década segue a ser a mesma que antes da COVID" e salienta que retoma a lei de impulso demográfico que leva anunciando desde 2016
O impacto de novos embarcadoiros turísticos no Sil que prevén 20.000 visitantes máis ao ano preocupa a varias administracións
O Ministerio para a Transición Ecolóxica require unha avaliación ambiental completa da iniciativa porque “a Xunta non puido descartar que o proxecto non vaia causar impactos apreciables ou significativos”
A Xunta é condenada por despedir unha traballadora alegando que non superara o período de proba tras contratala antes nove veces
O Tribunal Superior censura a mala fe e o “abuso” do Goberno galego por incluír no décimo contrato coa mesma persoa un período de proba malia que o Estatuto dos Traballadores o prohibe
A Xunta poderá autorizar parques eólicos non previstos polo seu propio plan para o sector
O PP elimina o trámite de información pública para liñas eléctricas que conectan muíños e para toda modificación dunha instalación que non supoña un incremento maior do 20% da súa potencia
A Xunta deixará en mans de ‘entidades de colaboración’ parte da tramitación ambiental de proxectos empresariais
A nova lei para “simplificar” trámites ás empresas asegura que esas entidades externas non substituirán “as potestades públicas” pero reduce os prazos para formular declaracións ambientais de tres a un mes cando elas interveñan
Feijóo nega que a Xunta realice purgas e acusa o PSdeG de non respectar a democracia por dicilo
“Vostede repite o mantra de que o resultado electoral todo o permite e eu lle pido calidade democrática”, di Caballero
Pontón reclama acordar a xestión dos fondos pola COVID e Feijóo pídelle que rompa os seus compromisos co PSOE
O presidente asegura que fixo unha “Galicia saneada” e a portavoz do BNG lémbralle que triplicou a débeda pública “sen mellorar a sanidade pública e a educación”
O PP comeza a tramitar a reforma sanitaria na que a oposición ve "un estado de alarma permanente"
O portavoz popular defende a nova lei galega pola falta de actuación do Goberno central mentres que BNG e PSdeG cuestionan o seu “autoritarismo” e “limitación de dereitos fundamentais”
A Xunta advirte que a reforma sanitaria que tramita o PP pode deixar sen axudas a vítimas de violencia machista
As infraccións sanitarias moi graves contemplan como sanción accesoria “a prohibición de percibir calquera tipo de axudas” e a Secretaría Xeral da Igualdade sinala as “consecuencias que a aplicación práctica desta previsión pode ter” para vítimas de agresións machistas
A caída da inflación conxelará peaxes das autoestradas galegas e estatais en 2021
A Xunta avanza que mesmo reducirá cinco céntimos o custe de varios treitos para os vehículos pesados nas súas vías mentres na AP-9 agárdase pola concreción da prometida rebaixa incluída nos orzamentos do Estado