- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia remata o ano con máis de 500 novos casos de COVID, cifra récord nun mes
Empeora a hospitalización e a taxa de positividade das probas, e as mortes achéganse ás 1.400 tras sumarse outras sete na última xornada
A ampliación de Rande volve subir peaxes da AP-9 fronte á conxelación do resto de autoestradas
A rebaixa incluída nos orzamentos do Estado para 2021 segue sen data polo que na actualización de taxas habitual de cada 1 de xaneiro pesará máis o 1% de incremento a pagar polas obras rematadas hai agora tres anos que a caída da inflación
- Interactivo As novas liñas de bus
- Acontece
A Xunta remata a reestruturación dos buses interurbanos obrigada polo Supremo: estas son as 3.100 liñas de toda Galicia
Cinco anos despois da condena que anulou a prórroga do sistema de buses preexistente, o Goberno galego pon en servizo os últimos contratos e dá por culminada a reestruturación do sector
O Consello de Contas criticou como inxusto e ineficiente que a Xunta pagase máis a persoal de entes suprimidos que ao resto
O Goberno galego quere perpetuar trienios máis altos para algúns traballadores ano e medio despois de que o ente fiscalizador alertase das súas “desigualdades retributivas significativas non xustificadas”
PP, Vox e Ciudadanos converten as manifestacións de apoio ao ensino concertado nunha plataforma para as súas teses lingüísticas
Casado asegura que en Galicia “o castelán seguirá sendo a lingua vehicular” diga o que diga a nova Lei Celaá de educación
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos de coronavirus estáncanse en máis de 300 diarios en Galicia
Santiago presenta a peor evolución tanto en novos positivos detectados como en aumento de hospitalizacións
- Análise Lei de Reactivación
- Economía
A Xunta simplifica trámites ás empresas deitándoos en mans privadas
‘Entidades de colaboración’ alleas á administración, declaracións responsables ou autoliquidacións son algunhas das estratexias polas que aposta o PP na nova lei de reactivación económica
- Datos Coronavirus
- Acontece
Frea o descenso de casos activos de coronavirus en centros educativos tras cinco semanas á baixa
A última semana deixa máis de 60 aulas pechadas en toda Galicia tras catro semanas por baixo de 50
- Datos Coronavirus
- Acontece
As hospitalizacións por COVID dan unha tregua na última xornada cun 7% menos de persoas ingresadas que o día anterior
O Sergas suma 389 novos casos e catro falecementos máis, dous deles de persoas que vivían en residencias de maiores, en liña coas cifras dos últimos días
A Xunta defende perpetuar o soldo máis elevado do persoal de entes paralelos
O Goberno galego argumenta que o persoal que cambie de réxime xurídico non pode perder condicións para xustificar que manteña privilexios
Vítimas de Angrois abren outra vía xudicial contra o Estado ante a demora da causa penal e a parálise política
A plataforma de afectados quere que a xustiza se pronuncie sobre a negativa a realizar unha nova investigación técnica do sinistro como reclama a UE
A Xunta vai perpetuar soldos máis altos a persoal que traballaba en entes suprimidos que os do resto da administración
O sindicato CSIF denuncia que a medida beneficia a altos cargos como a conselleira de Infraestruturas, que mantería os trienios moito máis elevados da súa praza na xa extinta Empresa Pública de Servizos Hidráulicos, convenio acordado polo Goberno de Fraga en funcións en 2005