O Celta argumenta que deixar como está o monte de Mos no que quere facer campos de fútbol implicaría risco de incendio
A sociedade anónima deportiva, que xa iniciou movementos de terra, tramita unha segunda fase de instalacións á espera do permiso para a súa cidade deportiva con centro comercial, condicionado polo seu impacto ambiental
A Xunta e o Goberno de Portugal ampliarán a ponte entre Salvaterra e Monção
As dúas administracións reforzarán a estrutura e dotaran de carril bici un viaduto polo que cada día pasan máis de 9.000 vehículos, segundo cifras do Goberno galego
A Xunta alega unha excepción da Lei de Transparencia para ocultar canto paga aos colexios que segregan por sexo
A Consellería de Educación di descoñecer canto suman as diversas partidas que entrega cada ano aos cinco centros galegos que separan nenos e nenas e remítese á contía global duns 250 millóns destinada a todos os concertados
“A esquerda non nos vai dar leccións de medio ambiente”, di Casado en defensa da industria galega
O candidato popular apela nun mitin en Oleiros “aos que vos manchades” no sector mentres Feijóo alerta agora de posibles riscos sobre o futuro de Reganosa
A UE considera “tradición” a Rapa das Bestas e elude valorar o benestar dos cabalos como pediu un eurodeputado portugués
O partido Pessoas-Animais-Natureza (PAN), integrado no Grupo dos Verdes/ALE, pedía á Comisión Europea unha valoración do “espetáculo” no que “cavalos semisselvagens” son “montados, agarrados e imobilizados de forma violenta”
Sánchez promete en Vigo “unha transición ecolóxica xusta” para As Pontes
O socialista desembarcou este sábado en Galicia participando como presidente nun foro na Toxa no que cargou contra o independentismo e como candidato nun mitin xunto a Abel e Gonzalo Caballero no que lanzou todo tipo de compromisos
Unha reparación mal comprobada estivo tras o incidente que hai dous anos puxo en risco un Alvia en Seabra
O maquinista freou de emerxencia cando circulaba a 90 por hora ao decatarse, malia que a sinalización lle indicaba o contrario, de que as vías da estación estaban desviadas, situación na que non podía superar os 30 por hora
Suspendido o ex-fiscal xefe de Ourense por atrancar unha denuncia contra un ex-alcalde do PP na cidade
A Fiscalía do Estado conclúe que Florentino Delgado cometeu abuso de autoridade contra a ex-concelleira do PSdeG Áurea Soto, denunciante das presuntas irregularidades urbanísticas do goberno do PP que dirixía Manuel Cabezas
Imputados catro técnicos do Porto e o Concello de Vigo polo accidente do Marisquiño
A xuíza instrutora sinala que as dúas administracións concederon autorizacións para o evento malia non realizar durante anos ningunha actuación de mantemento da zona que afundiu ferindo centos de persoas
A Xunta culmina a compra de carteis de “hospital público” por medio millón tras meses enleada na contratación
O Sergas vén de adxudicar os últimos luminosos tras lanzar en marzo un concurso que tivo que reiniciar por intentar aceleralo de xeito ilegal e no que despois foi obrigado a readmitir a unha empresa eliminada
- Documento O foco na transparencia
- Ciencia e tecnoloxía
Difusión nas aulas do respecto ao software privativo e 10 días de asistencia gratuíta: así é o convenio de Microsoft coa Xunta
O acordo da Consellería de Educación coa multinacional para que todos os centros de ensino empreguen de xeito gratuíto a plataforma Office 365 estenderase catro anos prorrogables por outros catro
“365 días ignorados por Ábalos”: Vítimas de Angrois lembran que España segue sen realizar a investigación técnica que reclama a UE
A plataforma de afectados critica a falta de explicacións do Goberno un ano despois da súa reunión co ministro de Fomento