As eléctricas comezan a subir o recibo da luz en Galicia en compensación por pagaren impostos
A clientela xa está a recibir facturas incrementadas en algo máis dun euro ao mes polos “suplementos territoriais” cos que o Goberno de Rajoy decidiu compensalas polos impostos autonómicos que tiveron que pagar en 2013
Mondoñedo celebra os 800 anos da súa catedral: o bispado que puido acabar en Braga, A Pastoriza, Foz ou Ribadeo
Bispos doutras dioceses refuxiados na zona consolidaron unha sé que acabou convertendo a vila nunha das sete capitais de provincia do Reino de Galicia
Renfe di descoñecer o suposto borrado de datos do Alvia accidentado en Angrois que denuncia un mecánico de Talgo
O imputado de Adif no accidente di, pola súa banda, que “a instrución foi exahustiva canto á infraestrutura”, da súa competencia, “e non o foi tanto canto ao resto de elementos”
A Xunta exime de impostos as herdanzas ata un millón de euros e redúceos na compra de segunda vivenda no 94% do territorio
Os investimentos que máis aumentan, un 21,5%, son os destinados a Turismo co foco posto no Xacobeo 2021, convertido no gran proxecto do Goberno galego
Feijóo traslada o argumentario do PP a unha declaración oficial sobre Catalunya e pide non descartar “ningunha medida”
A Xunta opina sobre a sentenza do Supremo que “culmina unha resposta medida” ao "desafío" independentista nunha declaración institucional aprobada no Consello que inclúe críticas veladas ao PSOE por "pactar" con forzas independentistas
A Xunta é condenada a readmitir unha interina á que despediu como "represalia por exercitar os seus dereitos"
O Tribunal Superior considera que o Goberno galego vulnerou “o dereito fundamental da traballadora á tutela xudicial efectiva proclamado na Constitución” ao cesala tras reclamar no xulgado un plus de perigosidade
O PP volve a Taboadela: o treito do AVE que rachou o pacto con Blanco pero que non pagaba a pena con Rajoy
Os populares consideran agora novamente “indispensable para completar a chegada da alta velocidade” os 17 quilómetros máis próximos á cidade de Ourense aínda non iniciados, que obrigarán aos trens AVE a empregar durante anos as vías convencionais
Xunta e concellos reclaman unha autovía entre Portugal e a estación do AVE da Gudiña que atravesaría espazos protexidos
A infraestrutura discorrería paralela entre a xa existente A-75 Chaves-Verín e a mellora da estrada convencional entre a cidade de Bragança e a estación de Seabra
A Audiencia adía a súa resolución sobre Angrois polo testemuño do mecánico que denuncia borrado de datos
A plataforma de vítimas pediu a suspensión da deliberación da Audiencia sobre os recursos á fin da instrución, prevista para este 11 de outubro, e o tribunal concede tres días para que as partes fixen posición. O ex-mecánico de Talgo afirma que revisou o Alvia e detectou "diferentes avarías" que a empresa ordenou "borrar" do sistema informático tras o sinistro; a compañía négao e anuncia accións legais
Vítimas de Angrois piden que o xuíz interrogue un mecánico que denuncia borrado de datos no Alvia do accidente
Nunha declaración xurada, un mecánico de Talgo afirma que revisou o Alvia horas antes do accidente e detectou nel "diferentes avarías", pero apenas "media hora" despois do descarrilamento "varios directivos deron a orde taxativa de borralas" do sistema informático. A compañía nega as acusacións e anuncia accións legais contra o operario que, subliña, foi despedido o pasado maio
- Vídeo A fin do carbón
- Economía
O novo vicepresidente ‘verde’ da UE cita Galicia como exemplo de territorio ao que axudar na transición ecolóxica
“Temos que afrontar o reto e axudar estas rexións a orientarse cara a unha nova economía”, di Timmermans durante o seu exame para o cargo por parte do Parlamento Europeo e consciente da descarbonización que chega
A crise industrial acende o Parlamento: do “aprenda de economía” de Caballero ao “Galicia cáelle grande” de Feijóo
O presidente acusa ao grupo Común da Esquerda e o BNG de ser “socios do PSOE” que non defenden Galicia e Antón Sánchez e Ana Pontón bótanlle en cara unha política industrial en función dos intereses do PP