Barreiros ofrece pisos baleiros da burbulla inmobiliaria para facilitar illamentos e corentenas polo virus
“Podemos tirar cousas boas do mal feito”, di a alcaldesa, que se ofrece a coordinar os ofrecementos de particulares coas necesidades sanitarias
A Xunta reduce a unha cuarta parte a oferta de transporte interurbano e o tráfico cae na AP-9 a unha quinta parte
O Goberno galego mantén o transporte a demanda pero do resto de buses só circulará a metade e neles só se poderán ocupar a metade das prazas e non contiguas
A Xunta afronta a crise do virus con doce altos cargos baleiros tras cesar os seus titulares para iren nas listas do PP
Feijóo non considera prioritario facer novos nomeamentos e esperará a que se concrete como e cando se realizarán as eleccións
Os positivos por coronavirus en Galicia soben a 189, con catro altas e dous falecementos
Os pacientes están a ser maioritariamente atendidos na casa, un total de 148, e só 8 están a precisar asistencia na UCI. Este domingo a Xunta introducirá algunhas mudanzas nas medidas contra o virus en eidos como o ensino ou os centros sociais
A Xunta Electoral di que a celebración do 5A depende doutros órganos e pide “consenso” das candidaturas
O organismo salienta que a súa función é garantir as liberdades públicas durante o proceso electoral, pero que este xa está condicionado polas medidas de protección da saúde
Suspendidas diversas actividades xudiciais polo virus, entre elas declaracións sobre o accidente de Angrois
Catro testemuñas e diversos avogados tiñan que desprazarse desde Madrid, o que levou ao xulgado a adiar a citación. Están suspendidas as visitas aos xulgados que non estean relacionadas coa actividade xurisdicional e dispensado o uso de toga.
A conselleira de Medio Ambiente xa visitou tres veces a beneficiarios de vivendas protexidas desde que se convocaron as eleccións
Ángeles Vázquez chegou a protagonizar ela mesma a entrega de chaves de oito pisos nas imaxes oficiais da Xunta
Galicia en Común preséntase como a candidatura que garante que “ningún voto progresista quede na casa”
“Somos diversos no espazo da esquerda como diversa é a sociedade galega”, di Martiño Noriega na presentación da coalición xunto con Antón Gómez-Reino e Eva Solla
A cara B dos 11 anos de Feijóo (1): Os bos xestores fronte ás críticas do Consello de Contas
O ente fiscalizador independente e a Xustiza levan anos evidenciando deficiencias na xestión dos cartos e o persoal públicos por parte da Xunta
Dous casos máis elevan a seis as persoas contaxiadas por coronavirus en Galicia e oito están pendentes de confirmación
Malestar sindical pola reunión da Xunta coa patronal pero non con representantes dos traballadores tras pedir Feijóo que non haxa máis recomendacións que as do Ministerio de Sanidade, e indicacións dos bispos galegos para os actos relixiosos
As deputadas que garanten o goberno do PP
Os populares xóganse a maioría absoluta nos catro escanos finais obtidos en 2016, para os que desta volta, nunhas listas finalmente sen membros de Ciudadanos nin Democracia Ourensana, concorren tres candidatos con experiencia no partido e a última conselleira en entrar na Xunta
A Xunta pide ao Consello Consultivo un ditame contra subas de peaxe da AP-9 avaladas polo Consejo de Estado de Romay
A redución unilateral do pagamento por parte da administración decidida polo PP en 2017, que vén de ser anulada polo Tribunal Supremo, tamén contaba cun informe favorable do órgano consultivo estatal