“De administración paralela en Galicia sabemos máis na Xunta”, di Feijóo ao Consello de Contas por criticalo usando datos estatais
O presidente insiste en rexeitar o 22% das recomendacións que o ente fiscalizador vén formulando ao Goberno galego porque “non nos parecen axeitadas” e quédase “co 78% que cumprimos”: “Eu creo nas maiorías”, di.
O Parlamento nomea a nova Valedora e o luns analizará a proposta do PSdeG de que María Xosé Porteiro sexa a súa adxunta
Dolores Fernández Galiño, elixida polos populares co apoio dos socialistas, recibe 51 votos a favor por 18 en branco e 2 nulos tras criticar o resto de grupos que non se contase con eles
Caballero entra no Parlamento para desmontar a "imaxe de poder coa que Feijóo intenta enganar á cidadanía"
O secretario xeral do PSdeG promete o escano a un ano das autonómicas para confrontar a súa proposta de “cambio” co presidente cando compareza na Cámara pero deixando a Leiceaga a portavocía habitual
Contas censura que a Xunta rescatou persoal de entes suprimidos manténdolles soldo superior ao do funcionariado
O ente fiscalizador lembra que as contratacións orixinais “en moitos casos non cumpriron os principios de igualdade, mérito e capacidade”
“A maioría absoluta do PP en Vilalba nos últimos 40 anos viña enlazada ás mesmas familias que os 40 anos anteriores da ditadura”
Vilalba, a vila natal de Fraga e onde Alianza Popular chegou a obter o 82% dos votos, está gobernada desde hai un mes por primeira vez por unha muller, Elba Veleiro, do PSdeG, en alianza coa marea local Vilalba Aberta
O Consello de Contas constata que a Xunta segue a fraccionar contratos para entregalos a dedo malia que é ilegal
O ente fiscalizador salienta que o Goberno galego reduciu as tramitacións urxentes, que lle permiten restrinxir a competencia entre empresas, pero censura que non cumpre tan ben as súas recomendacións no caso dos modificados de obras
O accidente múltiple da A-8 cumpre cinco anos sen data para os experimentos contra a néboa que segue a cubrir O Fiouco
A autovía amence con mala visibilidade no aniversario do sinistro ocorrido nun treito de 16 quilómetros que custou 200 millóns pero que segue agardando polo proceso de proba de inventos lanzado por Fomento hai catro anos
Feijóo homenaxea o noroeste español no único acto oficial da Xunta polo Día Nacional de Galicia
O presidente obvia no seu discurso de entrega das Medallas de Galicia o accidente de Angrois, o motivo aducido hai cinco anos, malia o rexeitamento das vítimas, para adiantar esa única celebración institucional
Vítimas de Angrois piden a Pedro Sánchez nas rúas de Santiago que poña fin a “seis anos de tomaduras de pelo”
Feridos e familiares dos 80 falecidos manifestáronse novamente entre a estación de tren á que non chegou o Alvia en 2013 e a praza do Obradoiro
Feijóo volve contemplar delegacións da Xunta no exterior “a través dos empresarios” tras o fracaso do modelo polos gastos sen xustificar
Hai un ano a xustiza obrigaba á Confederación de Empresarios a devolver medio millón de euros, en parte gastados en “obsequios” nas embaixadas económicas que o Goberno galego lle encargara xestionar en 2010
Seis anos despois de Angrois xa discreparon da versión oficial seis xuíces, un fiscal e unha axencia europea
As vítimas tiveron que agardar ao último ano para que un ministro lles pedise perdón e houbese a primeira dimisión, xusto antes de que a xustiza propuxese xulgar a un cargo de Adif como responsable en igual grao que o maquinista no que se concentraran as culpas
O PP non quere que na sede do PSdeG poña “Vota PSdeG” e a Xunta Electoral dille que non hai eleccións nas que votar
Os populares denunciaron unha rolda de prensa do secretario xeral dos socialistas, Gonzalo Caballero, do pasado 4 de xullo, máis dun mes despois das eleccións, na que aínda se vía ás súas costas a petición de voto