Feijóo non ofrece solucións á fin dos partos en Verín e limítase a lamentar "a incomodidade das mulleres"
O presidente anuncia novas obras, agora de ampliación da área de urxencias do hospital comarcal, fronte ás peticións de máis profesionais
O PP tira de ‘power point’ e esquece mapas oficiais para acusar o PSOE de recortes no AVE e o Corredor Atlántico
A Xunta critica que o tren de alta velocidade poida ter treitos de vía única despois de que Ana Pastor inaugurase un e obvia os proxectos xa en marcha para a rede de mercadorías argumentando que un mapa divulgativo de Adif non os contempla
Común da Esquerda pide explicacións no Parlamento polas obras da adega familiar do conselleiro de Medio Rural
"Un representante público debe ser exemplar diante da cidadanía á que se esixe o cumprimento da lei”, reclama Antón Sánchez
Feijóo e Abel Caballero eloxian a "cooperación institucional" de Xunta e Concello na intermodal de Vigo
Presidente e alcalde comparten acto sen acusarse de odiar a Vigo ou de populismo
O dereito de folga, vulnerado: as condenas á Xunta por servizos mínimos "maliciosos" chegan tarde e sen sancións
Os sindicatos reclaman que o Goberno galego non demore a fixación de servizos mínimos, o que dificulta que a xustiza poida adoptar medidas cautelares, e lamentan a falta de efectos reais das sentenzas definitivas, que chegan máis de medio ano despois
Patrimonio ordenou á adega familiar do conselleiro de Medio Rural retirar unha estrutura ilegal, segundo o PSOE de Ribadavia
A Consellería de Cultura garda silencio sobre a situación do recinto para eventos e banquetes levantado en Casal de Armán a poucos metros da protexida antiga reitoral da parroquia
A adega familiar do conselleiro de Medio Rural quere ampliarse para enoturismo tras abrir a Xunta ao lado o Museo do Viño de Galicia
A consellería di que está “garantida” a neutralidade da administración sobre un proxecto co que Casal de Armán pide construír en solo rústico e plantar novos viñedos no que hoxe é monte
O bispado de Ourense aparta un sacerdote investigado por abuso sexual
A diocese ofrece a súa “total colaboración” coa Xustiza e lamenta “o posible dano causado á vítima e a súa familia”
O PP eméndase a si mesmo para reducir o control ambiental de grandes proxectos empresariais
Os populares amplían de 4 a 6 anos o prazo para que as compañías inicien obras sen ter que avaliar de novo o seu impacto, e fano cun procedemento cuxa legalidade avalía o Constitucional tras denuncialo o PSdeG
Adeus ao compañeiro Soto
O primeiro alcalde de Vigo tras a ditadura falece tras unha polifacética carreira política que o levou do PSOE a crear un partido viguista e tentar recuperar o Partido Galeguista
A UE supervisará en 2020 se España vixía correctamente a radioactividade na costa galega
A Comisión Europea actúa tras sucesivas preguntas de eurodeputados galegos interesándose pola situación dos vertidos nucleares realizados na Foxa Atlántica entre 1949 e 1982
- Entrevista | Ricardo Antunes
- Economía
“A esquerda ten que saír do péndulo arredor do centro político e ir á raíz, ás cuestións vitais"
O sociólogo brasileiro Ricardo Antunes, autor dunha ampla bibliografía arredor do mundo laboral, pasou por Santiago convidado pola CIG para falar sobre as novas formas de explotación e o novo papel dos sindicatos e a esquerda en xeral