Vítimas de Angrois piden aos traballadores de Talgo que colaboren coa investigación sobre o suposto borrado de datos do Alvia
Afectados polo sinistro concéntranse ás portas da empresa a tres semanas de que técnicos da firma declaren no xulgado sobre a denuncia lanzada por un antigo mecánico
Feijóo presenta o ex-presidente andaluz Griñán como "vítima" tras a condena dos ERE porque non lle "parece" corrupto
O presidente da Xunta fala do “maior caso de corrupción da democracia” pero rexeita comparalo coa Gürtel para non usar o 'ti máis'”
O Concello de Oia tramita na Xunta a legalización dun hotel costeiro con orde de derruba desde hai oito anos
O goberno local, de novo en mans dunha maioría absoluta do PP, como cando outorgou en 2000 a licenza ilegal coa que se construíu, propón reducir a altura do complexo para regularizalo
Feijóo lamenta "en nome de todas as mulleres de Galicia" que a oposición "politice" a violencia de xénero
O presidente di non admitir “leccións de como protexer as nosas fillas, as nosas mulleres e as nosas nais da violencia machista” e Pontón retrúcalle que “as mulleres deste país non teñen dono e falan por si mesmas”
O PP acelera a designación de senadores no Parlamento tras atrasala en maio para recolocar candidatos municipais
Tras as xerais de abril os populares demoraron dous meses a elección dos representantes autonómicos para paliar os malos resultados nas municipais de maio, pero agora volven aos ritmos habituais
250.000 euros máis en luces de Nadal en Vigo pola "desaceleración" e novas obras
O Goberno local aprobou aumentar un 8% un contrato que xa ascendía a 2,9 millóns a repartir entre as festas de 2018, 2019 e 2020 e xustifícao cun informe que recolle peticións de comerciantes e pouca ocupación dos locais comerciais
Nova condena á Xunta por vulnerar o dereito á folga, agora nas ambulancias, cunha sentenza que chega oito meses tarde
O Tribunal Superior, que xa criticara ao Goberno galego polo seu “comportamento malicioso” reiterado, evidencia a reincidencia da Xunta limitándose a copiar e pegar sentenzas anteriores
A Xunta é condenada por excluír da bolsa de interinos a unha traballadora que estivo enferma catro días
O xuíz considera “sorprendente” que a Xunta a expulsase do sistema “sen unha mínima motivación” por non atender unha chamada para cubrir unha vacante malia certificar a súa doenza
Así podería chegar a estenderse o aeroporto de Santiago, segundo Aena
A empresa pública tramita o planeamento urbanístico das terminais compostelá e viguesa suxerindo á Xunta para a primeira unha “área de cautela” para unha hipotética segunda pista
Citas dentro de 12 días para o médico de familia en Baiona por non substituíren persoal ausente
O Sergas acusou de alarmista ao alcalde, do PSOE, cando denunciou hai unha semana que as consultas demoraban dez días, pero agora tardan aínda máis
- Documento Angrois: traxedia en Compostela
- Política
A Audiencia decide que se investigue a denuncia de borrado de datos do Alvia lanzada por un mecánico de Talgo
O tribunal tiña pendente pronunciarse sobre a proposta do instrutor de xulgar o maquinista e un cargo de Adif, punto ao que di que volverá se nas novas pescudas non se atopa nada relevante.
A Valedora critica que Educación se desentendese dunha petición de transparencia sobre Microsoft ata que ela interveu
A consellería obstaculizou o acceso ao convenio que asinou coa multinacional polo que se compromete a “difundir” nas aulas o “respecto” ao software privativo