Vítimas de Angrois acusan a Adif de “adoutrinar” os comparecentes no Congreso para silenciar as causas do sinistro
A plataforma de afectados compara a decisión da empresa pública de gastar 14.900 euros en “asesorar” aos citados pola comisión de investigación coa actuación da Generalitat de Valencia co accidente do Metro. O BNG di que a actuación de Adif "constata que a comisión era un paripé de PP e PSOE".
Feijóo torna a sesión de control á Xunta nun novo alegato sobre o seu centrismo fronte á oposición
O presidente carga contra En Marea e BNG por seren aliados do PSOE e estende esta condición a Vox. A voceira nacionalista lémbralle que o goberno que apoia a formación de extrema dereita é o do PP en Andalucía
Adif gastou 14.900 euros en “asesorar” os comparecentes na comisión de investigación sobre Angrois
A empresa pública entregou a dedo o contrato ao bufete do avogado que asiste ao seu cargo imputado polo accidente. Técnicos da empresa pública non foron quen de contestar no Congreso a varias das preguntas que se lles formularon argumentando descoñecemento ou esquecemento.
Galicia recibe 107 bandeiras azuis, mínimo da década entre renuncias de concellos e receos ecoloxistas
O número de bandeiras leva catro anos reducíndose, coincidindo coa negativa de varias vilas turísticas da ría de Arousa, a Mariña e agora Nigrán a aspirar a elas
Condenados por non ir á mesa electoral: dos opiáceos como escusa a quen non asiste tampouco ao seu xuízo
Repasamos algunhas das últimas sentenzas por delito electoral contra cidadáns que non cumpriron coa súa obriga como presidentes, vogais ou suplentes en comicios como os do pasado domingo ou os do 26 de maio
- Crónica Precampaña local
- Política Santiago
O PSdeG quere elixir o menú no seu propio Banquete de Conxo
“Respecto e valoro o traballo doutras forzas progresistas, pero o mellor é que o bloque progresista estea encabezado polo PSdeG”, responde Gonzalo Caballero á pregunta pola unión da esquerda tras as municipais
Joselín: foi un contacontos o primeiro alcalde nacionalista da historia de Galicia?
A Xunta avala como “positivo” que Baiona anule agora o campo de golf que quería construír nun monte comunal
Medio Ambiente autoriza que desapareza calquera referencia no plan de urbanismo da vila a ese espazo deportivo que o Concello consideraba que se podía regar só coa auga da choiva que alí caese e que agora admite que non estaba xustificado
As obras do AVE cortan 15 días a liña entre Ourense e Zamora e os pasaxeiros viaxarán en autobús
Adif volve modificar as súas previsións oficiais, que contemplan restricións de velocidade durante varios meses
A Audiencia confirma que o ex-alcalde do Porriño fixo pagos e contratos ilegais por 1,6 millóns pero non ve delito
O tribunal ratifica que “as contratacións efectuáronse á marxe da Lei de Contratos” pero considera que non houbo prevaricación por parte de Nelson Santos e que o ilícito debeu resolverse na vía administrativa e non penal
Feijóo atribúe a vitoria de Sánchez a unha “estratexia” común con Vox: “Sabían o que facían”
O presidente di que pola irrupción do partido de Abascal “cambiamos as nosas estratexias e deixamos de ser o que somos” pero dille aos apoios perdidos que é “mellor convivir cos votantes do PP que cos de Falange”
A Xunta revela obrigada os efectos sobre unha ave en perigo de extinción dos drons do aeródromo de Rozas
Tras ocultar inicialmente o Goberno galego que na base aérea fan os niños as últimas parellas da Península, agora intenta limitar a difusión dun informe de seguimento da especie que constata as súas ameazas e que recomenda campañas de información