Día 8 | Por quen paran as campañas
Os días festivos de Semana Santa, sexa por relixión ou ocio, están a supoñer unha paréntese nas axendas de varios partidos, que en anteriores comicios só pararon por sucesos imprevistos
Os helicópteros do 061 volven operar todas as horas de luz do día tras os recortes de 2014 e 15 meses despois de anuncialo Feijóo
A loita entre a antiga e a nova adxudicataria paralizou máis dun ano a renovación do servizo e revelou que a Xunta non analizara elementos de seguridade antes de resolver o concurso por primeira vez
A Audiencia de Pontevedra constata que Zona Franca non controlou unha subcontrata, pero non ve delito
O consorcio público vigués adxudicou unha obra de 1,2 millóns á construtora Copcisa coa condición de que esta non subcontratase máis do 60%, pero chegou ao 100%. A subcontrata acabou en concurso e querelouse pero o tribunal considera que a irregularidade non chega a prevaricación.
A nova folga do transporte do lixo a Sogama volve poñer en evidencia un dos maiores contratos da Xunta de Feijóo
A accidentada adxudicación do servizo en 2015 para dez anos por 131 millóns de euros á construtora ourensá Copasa en sociedade coa pública Renfe segue a provocar conflitos laborais
O Parador de Baiona cortará o seu piñeiral, afectado pola procesionaria
O bosque de pinos, que ocupa máis de dúas hectáreas, está afectado nun 75% e a empresa estatal solicitou permiso para repoboalo con carballos
O maquinista volve concentrar a responsabilidade dun accidente mentres Fomento adía o sistema que puido evitalo
A investigación oficial do sinistro do Porriño hai dous anos e medio, no que morreron catro persoas, incluído o condutor, conclúe apuntando a este último malia que o seu falecemento impide coñecer todos os detalles
Ciudadanos reivindica a Manuel Fraga xunto ao seu polémico busto en Vilalba
O cabeza de lista ao Congreso por Lugo, José Manuel Blanco, asegura que o ex-presidente da Xunta e ministro con Franco “non consentiría a corrupción do PP” nin estaría de acordo coa deriva de Casado, malia que o seu daquela número 3, Pablo Crespo, foi condenado na Gürtel
O tren segue a ser a estrela dos programas electorais en materia de infraestruturas para Galicia
Todos os partidos comprometen o remate en prazo do AVE entre Galicia e a Meseta, que xa está na súa recta final, e a maioría concretan ademais o seu compromiso co ferrocarril de proximidade, pero con disparidades. O vehículo eléctrico ábrese oco entre as promesas en materia de mobilidade dos principais partidos
Casado desembarca no rural galego prometendo un Ministerio da Familia co que apoiar a Red Madre como Feijóo
O candidato do PP apela nunha comida-mitin nunha parroquia de Santiago a acabar coa “demagoxia medioambientalista” de Sánchez e Feijóo preséntao como “o candidato do PPdeGalicia”
As présas da Xunta por comprar letreiros de “hospital público” por medio millón de euros obrígana a reiniciar o contrato
O Sergas dera só 15 días para que as empresas interesadas lle fixesen ofertas cando por lei debían ser 35 e adiou informalas do estado do emprazamento dos rótulos ata despois de adxudicarlles o contrato
O Goberno central autoriza no primeiro día de campaña a licitación do enlace orbital de Santiago por 20 millóns
A obra enlazará directamente a AP-9, a autovía A-54 a Lugo e os polígonos do norte da cidade e a súa ausencia dos frustrados orzamentos do Estado para este ano provocara fortes críticas da oposición e o Concello
Pilotos de helicópteros alertan da posible paralización dos servizos de emerxencias aéreas
O Sindicato Libre de Trabajadores Aéreos critica os recortes anunciados por Babcock, adxudicataria da maioría dos servizos aéreos da Xunta, como o 112, Salvamento Marítimo ou a loita contra incendios