Fomento eleva de 3.100 a 3.558 os millóns pendentes de investir na integración do noroeste no Corredor Atlántico do tren
Tras anos recibindo críticas por non planificar as súas actuacións, Adif programa obras por 650 millóns ata 2025 na liña Vigo-León como principal conexión de mercadorías de Galicia
A Xunta xustifica que segue a pagar os gastos do piso do fiscal xefe de Ourense para que non a acuse de coacción
O fiscal, que se querelou contra cargos autonómicos por acoso inmobiliario a unha anciá, non asumiu o pagamento do seu alugueiro cando o Goberno galego deixou de facelo en 2016 tras máis dunha década
- Vídeo A cidade do Celta
- Política Vigo
O Celta transforma un monte de Mos en campos de fútbol antes de ter permiso para o resto da súa cidade deportiva
A sociedade anónima deportiva presenta como “respectuosa ao máximo co medio ambiente” unha actuación da que só ten licenza municipal para as primeiras obras mentres carece aínda dos terreos para o centro comercial co que quere financiar todo o complexo, pendente de autorización da Xunta
Adif pide catro anos de cadea para o maquinista do Alvia por delito de danos, polo que non está imputado
A empresa pública sinala que ela non pode legalmente acusalo por homicidio pero muda a pena de multa que contempla o Código Penal para os danos por unha petición de prisión
"Feijóo pretendía un ataque a Vigo e ao seu alcalde", di Caballero na investigación sobre o Marisquiño no Parlamento
O alcalde vigués insiste en que o accidente do festival se produciu polo fallo dunha estrutura do Porto e non do Concello e apela á independencia da administración local para rexeitar que a Cámara autonómica o investigue
Audasa propuxo restablecer a peaxe entre O Morrazo e Vigo cando Fomento a acusou de “enriquecemento inxusto”
En 2017 o ministerio reduciu unilateralmente á metade a compensación que viña pagando á concesionaria pola supresión do cobro acordada en 2006 e o preito está pendente de resolución xudicial
A Xunta pide pagar a ampliación de Rande con fondos estatais e non con peaxes aínda que Audasa denuncie
O Goberno galego reclama ao central 53 millóns ao ano durante cinco anos para pagar a obra e outros 13 millóns anuais para rebaixar as viaxes de ida e volta
- Documento Cidade da Cultura
- Política Santiago
A Xunta prevé gastar outros 27 millóns só en obras no Gaiás ata 2021
A promesa de Feijóo de 2013 de paralizar os traballos só afectou aos dous edificios previstos inicialmente que daquela estaban apenas iniciados, pero un deles retomouse como oficinas por 17 millóns e hai outras actuacións xa planificadas no resto do recinto por outros 10 millóns
Cando Fraga "abdicou da xestión prudente": 20 anos do seu soño da Cidade da Cultura
O 16 de febreiro de 1999 a Xunta lanzaba o concurso de ideas que acabaría gañando o arquitecto Peter Eisenmann e que dúas décadas despois xa consumiu máis de 300 millóns de euros
A fin da lexislatura volve deixar a Galicia sen a AP-9 e ás vítimas de Angrois sen a investigación política sobre o accidente
As Cortes Xerais disolveranse en pouco máis de dúas semanas, tempo insuficiente para que rematen os traballos parlamentarios pendentes
- Liña de tempo Os outros custos do AVE
- Política
O Goberno eleva a 12 as mortes na construción do AVE galego, varias delas baixo investigación penal
En resposta a unha pregunta de En Marea, suma outros tres casos de falecidos por “causas non traumáticas” aos nove que xa se coñecían en toda Galicia desde o comezo das obras en 2001
Feijóo alerta de que outro Goberno apoiado por independentistas sería inestable pero por VOX “está por ver”
O presidente reclama eleccións xerais no 'superdomingo' de maio fronte ao “despilfarro” de facelas en abril, e considera que os orzamentos de 2018 prorrogados son mellores que os de 2019 de Sánchez agora tombados