A condena á Xunta polo falecemento dun axente forestal eleva a unha trintena as mortes por incendios en tres décadas
A Sociedade Galega de Historia Natural recompilou as perdas de vidas humanas relacionadas co lume no monte nun listado revelador do alcance do problema e que podería ser máis amplo
Feijóo desenténdese do caso da Valedora e deita a responsabilidade no PSdeG
“A Xunta nin pon nin quita valedores, é unha cuestión dos grupos parlamentarios”, di o presidente obviando o seu control dos populares
Feijóo anuncia máis obras na sede da Xunta por outros 34 millóns de euros
Unha década despois de que o PP chegase a San Caetano criticando as reformas parciais por 4 millóns acometidas polo bipartito, e tras gastar 6,5 millóns en adecentar o seu exterior, o Goberno galego remodelará agora o interior do complexo
Feijóo culpa a BNG e Bildu do parón de transferencias que propón Casado e da aparición de Vox
O presidente di que “a da AP-9 non é unha transferencia dunha competencia senón dunha infraestrutura” e deféndea “nunha nación indisoluble que é España”
O PP recupera para o Senado un ex-alcalde ao que a Xunta creou un posto á medida nunha oficina de emprego
Cando Feijóo suprimiu as fundacións comarcais de Fraga, o ex-rexedor de Ponteareas Salvador González Solla e outros ex-xerentes desas entidades que eran cargos do partido foron recolocados en prazas de nova creación. González Solla entra agora na lista para o Senado por Pontevedra, da que cae Xosé Crespo, que volve aspirar á alcaldía de Lalín.
Ence, Adif e Asturias negocian anular a obra coa que a pasteira logrou que a Xunta lle baixe impostos en Ribadeo
O Tribunal de Cuentas pedira á administración que denunciase por “danos e prexuízos” a paralización dunha liña de tren á fábrica de Ence en Navia que Portos esgrimiu como ameaza para xustificar perdoarlle taxas en Galicia
- Documentos
- Política
Tráfico de influencias, abuso de dereito, suborno: As condenas xudiciais que afean os 10 anos de Feijóo na Xunta
O presidente popular, que o 1 de marzo de 2009 gañaba as súas primeiras eleccións autonómicas, leva unha década minimizando sentenzas que constatan todo tipo de ilegalidades cometidas na Xunta durante o seu mandato
Feijóo sobre o 8M: "É o día da igualdade, en Venezuela tamén"
O presidente salienta que nunca houbo tantas políticas de igualdade en Galicia como agora e reclama que En Marea pida tamén “a igualdade real e efectiva das nais e nenas venezolanas que teñen dereito a comer”
Feijóo critica a Sánchez por aprobar medidas antes das eleccións e obvia que con Fraga el fíxoo tras saber que perdían o poder
O popular, vicepresidente na Xunta que en 2005 deixou comprometidos millóns de euros, cualifica de “deslealdade e irresponsabilidade” que o Executivo central siga gobernando incluso antes de entrar en funcións
8 mulleres e 25 homes: Así é o principal órgano consultivo sobre a sociedade galega
Empresarios, universidades ou sindicatos manteñen a falta de paridade do Consello Económico e Social (CES)
Cando Galicia foi “outro obstáculo” para un Goberno en España: A visión de Pedro Sánchez no seu libro
O presidente do Goberno de España e secretario xeral do PSOE presenta no seu volume as autonómicas de 2016 como un dos desencadeantes da súa defenestración no partido e eloxia que a Xunta se ofrecese a acoller refuxiados do Aquarius fronte a outras administracións do PP
Feijóo relaciona a saída de cargos do PP cara a Ciudadanos con intereses persoais e non coa 'dereitización' do partido
O presidente di que prefire ler o libro de Alfonso Guerra que o de Pedro Sánchez, ao que intenta ridiculizar