A Xustiza insiste tras un recurso da Xunta: "É imposible" que un médico vaia de Ourense ao Barco en 20 minutos
Sanidade recorreu unha sentenza que a condenou por impor en Valdeorras un sistema de gardas non presenciais senón localizadas pero o Tribunal Superior ratifica que “é imposible se o desprazamento ten que facerse desde o hospital de Ourense, a máis de 100 quilómetros”
- Con vídeo Angrois: traxedia en Compostela
- Política
"Sinceridade", "sensibilidade", "rigor", "decente": os eloxios de PP e PSOE aos ex-ministros Pastor e Blanco por Angrois
Deputados populares chegaron a aplaudir, golpeando as mesas, a comparecencia da súa compañeira de partido na comisión de investigación sobre o accidente
Os ex-ministros Blanco e Pastor desvincúlanse de calquera decisión sobre a seguridade de Angrois
O socialista di que só se arrepinte de non aceptar antes a comisión de investigación e pide desculpas ás vítimas se iso lles engadiu máis dor, mentres que a popular admite que o seu trato aos afectados puido ser mellor e negou ter obstaculizado as investigacións
Policía condenado, perfil da maioría dos 19 funcionarios despedidos en Galicia nas dúas últimas décadas
A administración estatal concentra o groso dos casos de perda da condición de funcionario, tras sentenzas xudiciais, mentres que a Xunta instou dous por “abandono do servizo”
Os ex-ministros Blanco e Pastor comparecen no Congreso cinco anos despois para explicar as súas decisións sobre Angrois
O socialista e a popular estaban á fronte de Fomento cando se reduciu respectivamente a seguridade nas vías e no tren, mentres que a segunda é cuestionada tamén polas vítimas polos obstáculos postos ás investigacións
- Documento Angrois: traxedia en Compostela
- Política
A UE revela que investiga se España avalía ben os riscos ferroviarios, cuestión clave na causa xudicial por Angrois
A Comisión Europea, que desliga o seu procedemento de infracción de ningún accidente concreto, dille á eurodeputada do BNG Ana Miranda que ve “deficiencias” na “avaliación correcta de riscos”, elemento polo que está imputado un cargo de Adif
- Documento
- Política
A Xunta, con Feijóo ausente, únese ao ataque da dereita contra o PSOE polo “relator” en Catalunya
O Goberno galego aproba unha declaración institucional secundado a postura de PP, Ciudadanos e Vox que acusa a Sánchez de “menoscabar o autogoberno” galego cun “rosario de cesións que están afectando seriamente á convivencia e á estabilidade”
O Goberno central defínese "galeguista" e di estar “disposto a falar de transferencias”
O delegado en Galicia, Javier Losada, lembra á Xunta que “as competencias son para resolver os problemas” e salienta os conflitos da Sanidade ou a Xustiza
O AVE a Vigo por Cerdedo que os políticos rexeitan só en privado demórase outros 3 anos
Adif encarga outro estudo previo, agora dos efectos sobre os acuíferos dunha liña de 53 quilómetros que custaría máis de 2.000 millóns de euros
A Xunta paraliza por cuarta vez o contrato dos helicópteros do 061 pola loita entre as empresas candidatas
Babcock-Inaer, adxudicataria da gran maioría dos servizos aéreos da Xunta, volve recorrer o concurso gañado por unha competidora, o que lle permite seguir operando o servizo con prórrogas
A A-8 cumpre cinco anos sen data para a solución dos seus cortes pola néboa
Tras gastar uns 200 millóns na súa construción, os 16 quilómetros da Autovía do Cantábrico ao seu paso por Mondoñedo seguen agardando polo proceso de proba de inventos contra a baixa visibilidade lanzado por Fomento hai catro anos
Feijóo presenta o PP como a mellor “oferta electoral” ante os intentos de Ciudadanos e Vox de roubarlle espazo
O presidente di que seguirá a apoiar propostas do BNG “se están dentro do noso ideario” pero salienta que os votantes populares non son nacionalistas