Leiceaga fixa na demografía a súa prioridade e propón acordos para revitalizar sectores económicos clave no rural
O socialista di que o debate independentista en Cataluña impide que Galicia poida reformar agora o seu Estatuto coa fondura necesaria, pero pide ter preparada unha proposta.
Trump tamén vence o 'vicecandidato' preferido pola Xunta
A derrota de Clinton desmonta a esperanza do Goberno de Feijóo no interese por Galicia do seu candidato a vicepresidente, Tim Kaine.
“O transporte a demanda moitas veces é un taxi por un euro; é unha aposta polo rural”
O conselleiro de Fomento de Castela e León, Juan Carlos Suárez-Quiñones, explica o modelo que quere adaptar a Xunta e que supón un custo para a Junta de 6 millóns de euros ao ano para dar servizo a 3.558 núcleos de poboación aos que non chega o bus regular.
Dez anos da primeira vez que se falou galego nun Consello da UE
O 7 de novembro de 2006, hai agora dez anos, o daquela conselleiro de Traballo, o socialista Ricardo Varela, convertíase no primeiro en falar galego nunha reunión de ministros da UE. Seis días despois facíao o vicepresidente Anxo Quintana.
A Xunta di agora que o treito máis atrasado do AVE non é tan importante como cría en 2011
A demora dos 17 quilómetros entre Taboadela e Ourense foi un dos elementos que hai cinco anos levaron á Xunta a dar por roto o Pacto do Obradoiro asinado co socialista José Blanco e mudar a previsión de remate de toda a liña de 2015 a 2018, agora tamén imposible de cumprir.
Rajoy pon fin cun cántabro a sete anos e medio de ministros galegos de Fomento
Íñigo de la Serna, alcalde de Santander desde 2007, sucede no cargo á popular Ana Pastor e o socialista José Blanco. Cantabria é, con Galicia e Estremadura, a comunidade con máis atraso nos proxectos de AVE.
Medio Ambiente comeza a validar agora o último treito do AVE en Ourense, que non estará en 2018
Os 17 quilómetros entre a capital e Taboadela, ao leste, son os únicos de toda a liña nos que aínda non se moveu unha pedra á espera, entre outros, do informe agora emitido. Fomento estuda solucións técnicas que permitan aos trens de alta velocidade empregar a liña convencional mentres non se executa ese treito.
"Queremos que se prime a seguridade no Corredor do Morrazo e se reforce o transporte público”
A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, di que a Xunta informouna do peche da vía durante máis de dous meses pouco antes de facelo oficial e reclama axuda tanto do Goberno galego como da DGT e da Deputación.
A Igrexa nomeará cargos dunha nova cátedra da USC sobre as peregrinacións financiada pola Xunta
O Goberno galego achega 40.000 euros ata finais de 2017, 10.000 só para “a organización e celebración do acto de presentación” da nova figura académica, que ten como primeiro obxectivo “a difusión dos valores asociados coa peregrinación”
O Morrazo queda sen corredor á espera da autovía dez anos despois de que lle sucedese o mesmo ao Salnés
No outono de 2006 o afundimento da vía rápida a Sanxenxo xusto cando comezaban as obras do seu desdobramento en autovía fixo que o bipartito culpase a Cuiña dunha deficiente construción e o PP a Caride por planificar mal a ampliación. Como daquela, a vía do Morrazo será agora pechada varios meses.
O PSOE pide tempo antes de decidir a sanción dos deputados díscolos, entre eles a ourensá Rocío de Frutos
A xestora gábase de que 9 dos 15 que romperon a disciplina de voto son do PSC ou independentes, non do PSOE. Dos seis galegos, De Frutos votou contra Rajoy malia si ser militante socialista mentres que a viguesa Dolores Galovart é independente pero abstívose.
A Xunta suprimiu un chiringuito pero mantén ao seu persoal soldos maiores que ao resto
O Goberno galego eliminou en xaneiro de 2012 a Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos pero ten paralizado o proceso para que os seus traballadores, a maioría enxeñeiros incorporados a Augas de Galicia, igualen os seus salarios, como establece a lei