Feijóo pecha a campaña galega do PP pedindo o voto “por España unida” e lembrando o bipartito
O último acto do popular será este venres en Madrid con Casado, que lle ofreceu o posto que queira no seu hipotético Goberno
Feijóo anunciou 63 medidas propagandísticas en 19 Consellos da Xunta en campañas electorais
O popular, que critica os venres sociais de Sánchez, chegou a 'aprobar' un suposto informe sen validez xurídica na campaña das xerais de 2011 no que pedía ao Goberno de Zapatero “que se poña a traballar”
A Fiscalía do Estado aparta o fiscal xefe de Ourense e investiga o caso da súa vivenda sen pagar
A Xunta pagou o alugueiro do domicilio de Florentino Delgado durante máis dunha década ata 2016, pero este seguiu no inmoble e o propietario denunciou ao Goberno galego pola débeda
O único cargo público da historia de UPyD en Galicia preséntase ás municipais por Vox
Antonio Amorín, que tamén foi concelleiro do PP, é o número 2 en Baiona da lista de extrema dereita, que encabeza unha ex-edil de Almuiña
Feijóo aparca as propostas nos mitins e acentúa a petición de voto emocional
Pide o voto para o PP por contraposición ao resto de partidos e tras limitar a exposición de promesas propias aos primeiros días da campaña, cando se centrou en apostar por un maior financiamento estatal contra o avellentamento no rural
O PP pon en dúbida o AVE galego na primeira campaña sen promesas de datas por estar case rematado
O 'numero 2' dos populares, García Egea, condiciónao a “que se negocie na Moncloa con Pablo Casado” tras garantir o Goberno de Rajoy que a obra non dependía dos orzamentos do Estado
De ministra a concelleira: os regresos que propician as próximas eleccións
Elena Espinosa, Anxo Quintana ou Pachi Vázquez son algúns dos políticos que volven aparecer nunha lista electoral tras anos afastados delas
Día 8 | Por quen paran as campañas
Os días festivos de Semana Santa, sexa por relixión ou ocio, están a supoñer unha paréntese nas axendas de varios partidos, que en anteriores comicios só pararon por sucesos imprevistos
Os helicópteros do 061 volven operar todas as horas de luz do día tras os recortes de 2014 e 15 meses despois de anuncialo Feijóo
A loita entre a antiga e a nova adxudicataria paralizou máis dun ano a renovación do servizo e revelou que a Xunta non analizara elementos de seguridade antes de resolver o concurso por primeira vez
A Audiencia de Pontevedra constata que Zona Franca non controlou unha subcontrata, pero non ve delito
O consorcio público vigués adxudicou unha obra de 1,2 millóns á construtora Copcisa coa condición de que esta non subcontratase máis do 60%, pero chegou ao 100%. A subcontrata acabou en concurso e querelouse pero o tribunal considera que a irregularidade non chega a prevaricación.
A nova folga do transporte do lixo a Sogama volve poñer en evidencia un dos maiores contratos da Xunta de Feijóo
A accidentada adxudicación do servizo en 2015 para dez anos por 131 millóns de euros á construtora ourensá Copasa en sociedade coa pública Renfe segue a provocar conflitos laborais
O Parador de Baiona cortará o seu piñeiral, afectado pola procesionaria
O bosque de pinos, que ocupa máis de dúas hectáreas, está afectado nun 75% e a empresa estatal solicitou permiso para repoboalo con carballos