Medio Ambiente obxecta a legalización do hotel de Oia xunto ao mar e avalía unha nova urbanización en Baiona
A Xunta considera que a reforma parcial do complexo de talasoterapia “non melloraría moito o impacto”. A mesma consellería iniciou tamén estes días a tramitación do impacto ambiental dunhas 150 vivendas sobre o casco vello da vila veciña.
En residencias ou por teléfono: así tutela a Xunta no confinamento ás persoas adultas ao seu cargo
Máis de 3.000 cidadáns incapacitados xudicialmente son supervisados por unha fundación pública con 23 traballadores que, nos casos que non están en centros, céntranse en “explicarlles a obrigatoriedade de permanecer confinados”
O Ministerio de Sanidade concreta e amplía os datos sobre o coronavirus que lle deben remitir as autonomías
Matiza ou aumenta a casuística dos doentes e do persoal dispoñible pero simplifica a información sobre a capacidade sanitaria e mantén a de consumo de materiais e probas PCR
A Xunta agradece aos pescadores deportivos “o seu comportamento durante o confinamento, agás persoas puntuais”
A conselleira de Medio Ambiente salienta que “acataron non saír ao río xustamente en véspera do inicio da actividade, tras un ano de espera”
O PXOM de Vigo inicia a avaliación ambiental 12 anos despois de evitala ilegalmente o bipartito
En 2015 o Supremo anulou o anterior plan de urbanismo por argumentar unha présa que non era tal para saltar a tramitación ambiental que agora comeza na que os prazos para a cidadanía non contarán ata que remate o estado de alarma
O Ministerio de Sanidade pon á disposición das autonomías os laboratorios privados polo coronavirus
As autoridades sanitarias poderán fixar prezos e os centros de diagnóstico clínico só poderán facer probas de coronavirus con prescrición facultativa e deberán comunicar os materiais ou test que merquen
- Datos Coronavirus
- Acontece
As residencias xa comezan a rexistrar peores cifras de coronavirus que o resto da poboación
Dos 80 casos positivos activos que se sumaron no último día en Galicia, 49 rexistráronse entre residentes de centros sociosanitarios, que nos últimos cinco días viron aumentar os falecementos un 89% fronte ao 28% do resto da cidadanía
- Datos Coronavirus
- Acontece
As persoas hospitalizadas ou en UCI por coronavirus acumulan seis días seguidos de descensos en Galicia
Xa hai preto de mil altas acumuladas mentres que os falecementos suman 318, dos que o 39% vivían en residencias
- Documento Coronavirus
- Economía
Os créditos das axudas europeas polo coronavirus non esixirán recortes se os estados os destinan a gasto sanitario
Os ministros de finanzas dos países do euro desbloquean a negativa de Holanda condicionando os fondos “ata que se supere a crise da Covid-19”
A Valedora investiga atrancos nas axudas a vítimas de violencia machista e a situación das residencias polo coronavirus
“As institucións deben estar á altura do esforzo individual e colectivo, en especial as encargadas da defensa dos dereitos da cidadanía”, advirte a Valedora, que suma a súa investigación sobre as residencias ás pescudas da Fiscalía
Cazadores e pescadores ofrécense á Xunta para "colaborar no control da biodiversidade" durante o estado de alarma
A consellería de Medio Ambiente salienta que as federacións do sector “póñense a disposición do Goberno galego para axudar a retomar a actividade cinexética e pesqueira de forma paulatina e sempre acorde ás decisións das autoridades”
O Sergas pide ás residencias as mortes por coronavirus en dúas horas mentres segue sen sumalas á súa estatística
Catro días despois de asinala, a Consellería de Sanidade fai oficial este martes no DOG unha orde para que todos os centros identifiquen todos os casos diariamente e as mortes en canto se produzan