Feijóo cambia de Goberno eloxiando a súa estabilidade e dicindo que é máis esixente que facer un máster
O presidente admite que non remudaría a Xunta se non fose polo interese do PP nas eleccións municipais pero volve presentarse como exemplo a nivel estatal
Unha técnica de Adif presente nunha reunión que debateu a seguridade de Angrois di non lembrar o seu contido
No encontro, previo á inauguración do AVE Ourense-Santiago, dous departamentos da empresa pública discreparon sobre se había que revisar mellor a curva e finalmente decidiron non facelo
Feijóo volve debilitar a Xunta para tentar que o PP recupere cidades que controla a esquerda
Saen do Goberno galego a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o de Política Social, José Manuel Rey Varela, aspirantes ás alcaldías da Coruña e Ferrol, e separa os departamentos de Cultura e Educación. Chegan ao Executivo dous cargos de segunda liña do PP e unha profesora sen experiencia política previa
Feijóo: “O de TVE non é o modelo serio, independente e profesional da TVG”
No ecuador do seu terceiro mandato, o presidente xustifica que leve sete anos incumprindo a súa propia lei para dar independencia aos medios públicos galegos argumentando que era peor cos seus antecesores hai unha década
O despacho máis desexado de Vigo volve á lea política
O PP critica que o novo delegado de Zona Franca, home de confianza do alcalde, queira trasladar a súa sede ao mesmo edificio que a popular Corina Porro amoblou entre denuncias de desbalde dos socialistas
Un xuíz impide á Xunta retirar a renda de inclusión social a unha muller por vivir no mesmo edificio que unha irmá
O Goberno galego condicionou a axuda de 473 euros a que a afectada acadase unha “vivenda independente”, pero o xuíz considera que xa se estaba a dar esa situación
Outro fallo de sinalización cun Alvia volve pór o foco no estado do tren convencional mentres se remata o AVE
Fomento vén de abrir unha investigación sobre un incidente en Sanabria, que Adif atribúe a unha treboada, preto de onde ocorreu outro hai un ano por un “deterioro non previsto nos materiais”
Imposible ir de Ourense ao Barco en 20 minutos: unha sentenza desmonta o sistema de gardas do Sergas
Sanidade hipotecaba a vida de médicos residentes na capital obrigándoos a cubrir no Barco supostas gardas “localizadas” polas que paga menos que as “presenciais”, obviando as dificultades de desprazamento
PP e PSOE non aclaran se apoiarán o traspaso da AP-9 agora que o Goberno central desbloqueou o debate
Feijóo centra a responsabilidade nos socialistas despois de que os populares vetasen a petición unánime do Parlamento de Galicia tres veces en apenas ano e medio. Gonzalo Caballero subliña o "talante" do equipo de Sánchez e En Marea e BNG reclaman o desbloqueo das transferencias
O Congreso pide por unanimidade a Fomento avances na saída sur de Vigo que facilite os trens a Portugal
A empresa Arriva espera obter en breve autorización para que o próximo verán comece a operar o seu tren A Coruña-Porto, cuxas prestacións están condicionadas ás melloras que se introduzan na liña actual
Feijóo prexulga que a investigación da sanidade exculpará á Xunta e a do Marisquiño inculpará a Caballero
“Para min será unha honra defender os profesionais da sanidade”, di o presidente, amosando o seu desexo de publicitar as súas políticas na materia na comisión que analizará o sistema sanitario galego tras a morte dun home dun centro de saúde
A auditoría de seguridade ferroviaria que encargou Ana Pastor tras Angrois asínaa un imputado polo accidente
DOCUMENTO E VÍDEO Antonio Lanchares, que vén de deixar a Dirección de Seguridade de Renfe e de quen o xuíz sospeita que puido ser corresponsable do sinistro, rubricou un dos informes elaborados a petición de Fomento en 2013 pero non divulgados ata agora