Feijóo rectifica a súa visión da obra de Castelao tras as críticas recibidas
O presidente di agora ante a súa familia que con Bóveda “quixeron matar a un galeguista que nunca compartiu o totalitarismo dos seus verdugos, como se demostra no seu Estatuto de Autonomía, aquela Constitución galega”
Feijóo di que o investigador de Angrois que acusou a Ana Pastor “pode ter responsabilidades penais”
O presidente considera que “quedou suficientemente claro que a ministra non deu ningunha instrución” porque "se lle pediu que rectificase e rectificou de forma inmediata”
Feijóo cre que a oposición critica a súa reinterpretación de Castelao porque “molesta” que a Xunta trouxese o cadro
O presidente alégrase de que coa chegada d'A derradeira leición do mestre non houbese “incidentes lamentables” como cando o seu corpo foi traído a Galicia en 1984
A Audiencia da Coruña ratifica a imputación dun técnico de Adif polo accidente de Angrois
A plataforma de vítimas pide ao ministro que o destitúa do seu posto e insiste, tras as versións contrapostas ofrecidas no Congreso polos responsables da investigación oficial, na necesidade de facer unha nova como esixe a UE
O ministro de Fomento anuncia unha "auditoría" da AP-9 antes de decidir con "visión de Estado" sobre o traspaso
Ábalos salienta que o actual Goberno non ten “unha posición de entrada contraria” pero advirte de peticións similares doutros gobernos autonómicos. No seu primeiro encontro con Feijóo mantén os prazos previstos para o AVE a Madrid
O investigador de Angrois culpa a ex-ministra Pastor de non reabrir as pescudas como pediu a UE e logo rectifica
CON VÍDEO Pese a que a Comisión Europea segue reclamando un novo estudo que non se centre só na culpa do maquinista, o actual responsable da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) insiste en non facelo
35 anos da detención da vaca Pinta polo alcalde que marcou a política de Baiona
O daquela rexedor, na política local desde antes da democracia, foi despois inhabilitado por fraude noutro caso, pero volveu gobernar co apoio do PP, foi socio de PSdeG e BNG, e levou á alcaldía ao agora conselleiro de Sanidade de Feijóo
A Xunta non revisou varios elementos de seguridade das ambulancias e helicópteros sanitarios cando os adxudicou
Un tribunal administrativo frea o contrato das aeronaves do 061 porque non comprobou previamente se os pilotos tiñan a titulación requirida, ao tempo que unha investigación policial revelou que UVI móbiles circularon durante meses con sobrepeso
Competencia cuestiona a eficiencia de Reganosa e quere potenciar o seu uso
O regulador propón reformar o mercado estatal do gas para aproveitar mellor a capacidade infrautilizada das seis plantas existentes en toda España, da que a galega é a máis pequena
Persoarse na causa do Marisquiño ou de Angrois: de PP e Xunta a Manos Limpias e Garzón
ANÁLISE | O intento dos populares por acceder a información xudicial que comprometa ao Concello de Vigo evidencia, como no sinistro do Alvia, onde non quixeron participar, intereses particulares máis alá da investigación do ocorrido
25 anos do CGAC: De “poñer a Galicia no mapa” a manterse coa metade do orzamento de hai unha década
O museo celebra o seu aniversario lembrando a xénese do proxecto de Álvaro Siza durante o primeiro mandato de Manuel Fraga e reclamando máis apoio político
A Xunta oculta os concellos que quedaron fóra das axudas que outorgou en 12 minutos
O PP rexeita no Parlamento a petición de En Marea de que se reabra o proceso mentres o PSdeG quere que o Consello de Contas fiscalice como se outorgaron as subvencións