- Documento Angrois: traxedia en Compostela
- Política
A UE revela que investiga se España avalía ben os riscos ferroviarios, cuestión clave na causa xudicial por Angrois
A Comisión Europea, que desliga o seu procedemento de infracción de ningún accidente concreto, dille á eurodeputada do BNG Ana Miranda que ve “deficiencias” na “avaliación correcta de riscos”, elemento polo que está imputado un cargo de Adif
- Documento
- Política
A Xunta, con Feijóo ausente, únese ao ataque da dereita contra o PSOE polo “relator” en Catalunya
O Goberno galego aproba unha declaración institucional secundado a postura de PP, Ciudadanos e Vox que acusa a Sánchez de “menoscabar o autogoberno” galego cun “rosario de cesións que están afectando seriamente á convivencia e á estabilidade”
O Goberno central defínese "galeguista" e di estar “disposto a falar de transferencias”
O delegado en Galicia, Javier Losada, lembra á Xunta que “as competencias son para resolver os problemas” e salienta os conflitos da Sanidade ou a Xustiza
O AVE a Vigo por Cerdedo que os políticos rexeitan só en privado demórase outros 3 anos
Adif encarga outro estudo previo, agora dos efectos sobre os acuíferos dunha liña de 53 quilómetros que custaría máis de 2.000 millóns de euros
A Xunta paraliza por cuarta vez o contrato dos helicópteros do 061 pola loita entre as empresas candidatas
Babcock-Inaer, adxudicataria da gran maioría dos servizos aéreos da Xunta, volve recorrer o concurso gañado por unha competidora, o que lle permite seguir operando o servizo con prórrogas
A A-8 cumpre cinco anos sen data para a solución dos seus cortes pola néboa
Tras gastar uns 200 millóns na súa construción, os 16 quilómetros da Autovía do Cantábrico ao seu paso por Mondoñedo seguen agardando polo proceso de proba de inventos contra a baixa visibilidade lanzado por Fomento hai catro anos
Feijóo presenta o PP como a mellor “oferta electoral” ante os intentos de Ciudadanos e Vox de roubarlle espazo
O presidente di que seguirá a apoiar propostas do BNG “se están dentro do noso ideario” pero salienta que os votantes populares non son nacionalistas
Así ía ser a urbanización impulsada con cartos da droga de Sito Miñanco que autorizou o Concello de Sanxenxo
A nova condena por branqueo contra o narco comisa, entre outros bens, a sociedade que con “fondos procedentes do narcotráfico” mercou 13.000 metros cadrados nos que se ían levantar 38 chalés que o bipartito intentou parar pero a xustiza viu legais
- Crónica Pola sanidade pública
- Política
A culpa é de Skynet, non de Terminator
Feijóo, comparado co personaxe de Shwarzenegger no primeiro debate parlamentario do ano, sobre a crise da sanidade, escúdase no sistema e as infraestruturas fronte ao foco nas persoas e os seus dereitos posto pola oposición
3.100 millóns aínda por planificar: os proxectos sen os que de nada servirá que Galicia estea no Corredor Atlántico
Galicia, Asturias e Castela e León reclaman a Adif que programe diversas melloras para despois poder pedir á UE os fondos que reservou para a súa rede ferroviaria prioritaria, á que vén de sumarse o noroeste peninsular
O Parador de Muxía prometido tras o Prestige abrirá 17 anos despois do afundimento
Paradores anuncia en Fitur a apertura dun edificio cuxo custo pasou de 24 a 27 millóns malia ver recortadas as súas habitacións de 80 a 60
A Xunta volve promocionar os candidatos do PP ás municipais que foron conselleiros
Malia non ocupar ningún cargo público, Beatriz Mato e José Manuel Rey Varela teñen protagonismo en actos oficiais do Goberno galego na Coruña e Ferrol, a cuxas alcaldías aspiran, como tamén ocorre cos portavoces da oposición en Vigo ou Santiago