Burocracia e infraestruturas, principais diferenzas nos incentivos ao investimento de Galicia e o Norte de Portugal
Un informe do Eixo Atlántico evidencia a disparidade de fortalezas e debilidades existentes na eurorrexión á hora de captar empresas estranxeiras
Dos buses que se suprimirán ao futuro da canteira de Casalonga: as polémicas exposicións públicas que a Xunta fixo en vacacións
Concellos, colectivos sociais, empresas e partidos critican que o Goberno galego combata a conflitividade dos seus proxectos elixindo datas nas que resulta máis difícil estudar os documentos e formular alegacións
Enfermeiras en loita e Venezuela: as primeiras intervencións dos eurodeputados galegos
Dous meses despois da constitución do Parlamento Europeo e tres meses despois das eleccións gañadas polo PSOE tanto en Galicia como no Estado, estas son as primeiras actividades dos representantes galegos
Ter un bebé en Galicia (capítulo 5): Entre a propaganda e mirar os boletíns oficiais a diario
O devalo demográfico é un dos principais problemas do país e as administracións publicitan todo tipo de facilidades. Durante as cinco fins de semana de agosto contamos os trámites, trabas e dúbidas a que se enfronta unha familia acabada de nacer na súa relación coas administracións.
O PP inicia unha ofensiva contra Sánchez para mudar o financiamento autonómico tras anos de parálise con Rajoy
Un informe da Avogacía do Estado confirma que o Goberno en funcións non pode desbloquear os 700 millóns que reclama Galicia e os populares presentan o documento como “fake” e reclaman ir máis alá e reunir xa o Consello de Política Fiscal e Financeira
Corina Porro pon a camiseta do Celta para confrontar con Caballero, agora a conta de Balaídos
A delegada do Goberno galego en Vigo reitera que a Xunta non porá cartos na reforma do estadio municipal e o Concello aféalle que queira “trasladar” o equipo a Mos, onde tramita a súa polémica cidade deportiva
A Xustiza autoriza vacinar dous nenos en contra da negativa da nai
A Audiencia de Pontevedra avala unha sentenza previa que deu a razón ao pai para garantir o “interese superior dos fillos” porque “os beneficios das vacinas son innegables”
O PPdeG presume de produción lexislativa malia que 3 das 5 leis aprobadas este ano xa foran prometidas para 2017
Despois de que o propio Feijóo admitise que “a Xunta non foi capaz de cumprir” coas súas previsións para remitir novas normas ao Parlamento de Galicia, o portavoz popular na Cámara salienta o traballo que alí se fai
A Xunta é condenada por confundir unha metástase con depresión: “Non hai que ser médico para apreciar a proximidade da morte”
O Tribunal Superior censura que “unha simple ecografía” nun médico privado serviu para descubrir a enfermidade dunha muller con “alarmante diminución de peso” á que no Sergas non lle fixeron “ningunha proba” malia sufrir previamente cancro
Ter un bebé en Galicia (capítulo 4): Vacínao, pero págao ti
O devalo demográfico é un dos principais problemas do país e as administracións publicitan todo tipo de facilidades. Durante as cinco fins de semana de agosto contamos os trámites, trabas e dúbidas a que se enfronta unha familia acabada de nacer na súa relación coas administracións.
A Xunta salienta a revisión permanente dos helicópteros de salvamento que aluga tras vendelos por “obsoletos”
A Consellería do Mar indica que o aparato involucrado nun incidente baixo investigación ten autorización para seguir voando e que no caso de ter que parar moito tempo sería substituído por outro similar
Fomento investiga un incidente dun helicóptero de salvamento alugado pola Xunta tras vendelo en 2012 por “obsoleto”
O 26 de xullo, durante un voo nocturno de adestramento na ría de Vigo, o aparato descendeu “inadvertidamente” de 150 a só 15 metros sobre o mar, o que está a ser analizado pola Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil