As deputadas que garanten o goberno do PP
Os populares xóganse a maioría absoluta nos catro escanos finais obtidos en 2016, para os que desta volta, nunhas listas finalmente sen membros de Ciudadanos nin Democracia Ourensana, concorren tres candidatos con experiencia no partido e a última conselleira en entrar na Xunta
A Xunta pide ao Consello Consultivo un ditame contra subas de peaxe da AP-9 avaladas polo Consejo de Estado de Romay
A redución unilateral do pagamento por parte da administración decidida polo PP en 2017, que vén de ser anulada polo Tribunal Supremo, tamén contaba cun informe favorable do órgano consultivo estatal
A nova comisaria de Transportes da UE lembra que “segue pendente” unha investigación independente de Angrois
Hai dez días a comisión española de análise técnico de sinistros volveu negarse a cumprir co que lle pide Bruxelas desde hai máis de tres anos, agora nunha resposta ao BNG, e tras pasar polo cargo xa dúas comisarias distintas
Así funcionan os sistemas ASFA e ERTMS de seguridade ferroviaria e así fallaron en Angrois
O cruce de acusacións entre o ministro Ábalos e a Xunta sobre os prazos do AVE e a súa seguridade volve poñer o foco no accidente, cuxa investigación xudicial analiza se Adif avaliou correctamente os riscos dun e doutro sistema
Feijóo nega que suxerise a Ábalos rebaixar a seguridade do AVE e asegura que só lle preguntou con que sistema se inaugurará
O presidente lembra que tanto o Eixo Atlántico entre A Coruña e Vigo como un treito xa aberto do AVE a Madrid seguen operando aínda sen o sistema propio da alta velocidade co que Transportes quere abrir xa de inicio o resto da liña coa Meseta
A Xunta anuncia novos arranxos de estradas en Ferrolterra once anos despois de prometer unha autovía coa Mariña
A conselleira de Infraestrutura salienta o seu propio traballo “con responsabilidade para mellorar a mobilidade desta comarca”
A Xunta ve "ruín" a Ábalos por acusala de querer rebaixar a seguridade do AVE e vítimas de Angrois piden explicacións
A plataforma de afectados polo accidente pide ao presidente Feijóo e ao ministro que “deixen de utilizar os prazos como arma arreboladiza e de inmiscuírse en consideracións técnicas”
Feijóo preséntase á vez como paralizador e finalizador da Cidade da Cultura
O candidato popular, que era vicepresidente cando Fraga impulsou o proxecto, salienta a súa decisión de "finalizar a Cidade da Cultura” cun edificio de oficinas en lugar dun Teatro da Ópera que “non se podía facer, entre outras cousas porque non se podía pagar”
O PSdeG presume de gobernos e unidade a un mes das eleccións
O candidato socialista culmina coas deputacións a escenificación de institucionalidade e apoio do partido que iniciou con alcaldes e alcaldesas e con Pedro Sánchez
O ministro Ábalos asegura que Feijóo “suxeriu” poñer en servizo antes o AVE cun sistema de seguridade inferior
O titular de Transportes responde así no Senado á pregunta do PP polos prazos da obra, pendentes das probas de seguridade do sistema que fallou no accidente de Angrois
'Despido' en diferido: cargos da Xunta manteñen actos oficiais tras o anuncio do seu cesamento para ir nas listas do PP
O propio Feijóo anunciou o xoves a saída, pero esta non se concretou no Diario Oficial de Galicia ata este luns, permitindo que os implicados asistisen a festas ou encontros con todo tipo de colectivos
O Tribunal Supremo condena á Xunta a pagar 3 millóns de sobrecustos no Gaiás: o proxecto “carecía de definición”
O Goberno galego xa daba por perdidos os cartos e agora o alto tribunal censúralle que nin sequera recorreu correctamente a sentenza previa que considerou que o Museo do Gaiás tiña “erros” e “non estaba suficientemente desenvolvido”