Feijóo esgrime o seu compromiso persoal como aval dun novo impulso en Galicia tras non marchar a Madrid
En Marea, PSdeG e BNG lémbranlle ao presidente os principais problemas pendentes en Galicia e este responde lamentando os obstáculos da oposición e a herdanza recibida en 2009
O Supremo anula a legalización dunha piscifactoría de Pescanova en Oia tramitada polo bipartito e Feijóo
O tribunal censura que non se estudaron outros emprazamentos alternativos, como esixía a lexislación ambiental. A autorización tramitouse en plena campaña contra o bipartito por parte do PP e Pescanova, cuxo daquela máximo responsable está agora ás portas dun xuízo por estafa
Feijóo non competirá pola sucesión de Rajoy e desata a euforia no PP galego
O presidente da Xunta escenifica ante a cúpula do PP galego a súa decisión de non concorrer ao congreso estatal do partido. "Pódese e débese facer política nacional dende Galicia", di.
O xuíz de Angrois desvela agora que aínda non recibiu un informe clave pedido hai un ano á UE
A Axencia Ferroviaria Europea debe pronunciarse sobre a actuación de Adif, pero primeiro o xulgado trabucouse de enderezo e logo deixou pasar sete meses antes de preguntarlle agora ás partes que opinan do silencio europeo
A patronal, condenada a devolver á Xunta medio millón de euros de gastos inxustificados das súas 'embaixadas'
A Xustiza certifica que a Confederación de Empresarios de Galicia malgastou cartos públicos na ducia de oficinas que abriu no estranxeiro financiadas polo Goberno galego, que só entre 2010 e 2013 puxo á súa disposición 18 millóns de euros e eloxiaba a súa "eficiencia"
A Confederación do Douro desvela outras 18 multas a obras do AVE por danar ríos en Ourense e Zamora
A media das sancións, de 1.650 euros, é aínda inferior ás impostas na demarcación Miño-Sil a construtoras que recibiron contratos millonarios e cuxos nomes agora se ocultan
A construtora de Telmo Martín cobrou sobreprezos en vivendas protexidas e Feijóo di que as urnas o avalaron
O Tribunal Supremo ratifica a condena a Construcuatro, da que era socio o alcalde popular de Sanxenxo, pero o presidente salienta que “despois de coñecerse a demanda se someteu ás eleccións e volveu ser elixido”
Feijóo teima en que é falso que o PP fose condenado por corrupción pero "non demandará" a quen o diga
O titular da Xunta afástase da decisión do presidente do Parlamento de sancionar os deputados que ligan o seu partido coa corrupción e asegura que o que máis lle pesa á hora de decidir se opta a liderar o PP é ser presidente do Goberno galego
Fraga aparafúsase á alameda de Vilalba por 7.200 euros
O busto de don Manuel na súa vila desapareceu en novembro pero ao contrario que en ocasións anteriores non apareceu no río e o Concello vén de instalar un novo, mellor ancorado, por 7.200 euros
Feijóo non terá que comparecer no Congreso por Angrois e evita explicar decisións polémicas tras o accidente
As vítimas censuran que a Xunta tentou utilizalas politicamente e que impuxo ao xulgado peritos sen coñecementos ferroviarios, mentres que o presidente prevía eloxiar os servizos de emerxencias autonómicos malia os seus fallos de coordinación
Só 48.000 euros en multas ás construtoras do AVE por danar ríos durante anos con obras de 2.000 millóns
A Confederación Hidrográfica do Duero oculta os seus datos mentres que a do Miño-Sil impuxo 24 sancións desde 2012 a 2.000 euros de media por multa, o 0,001% do importe dos traballos
Os últimos concursos lanzados polo PP dificultan que o AVE estea en probas a finais de 2019, como agora lle esixe ao PSOE
Adif, aínda controlado polos populares, licitou instalacións técnicas con prazos de execución que se adentran en 2020. Feijóo insinúa que o PSOE debera mesmo adiantar os prazos