Feijóo menospreza as propostas demográficas da oposición, que ve propagandista a nova lei da Xunta
O presidente defende a importancia do texto que presenta no Parlamento dez anos despois de considerar a demografía o primeiro reto de Galicia na súa primeira investidura
Dez anos do fondo público-privado para financiar as actividades da Cidade da Cultura: quedan 9 dos 23 millóns
Tras gastar a Xunta nos primeiros anos entre dous e tres millóns por exercicio, o consumo do fondo estabilizouse nun millón ao ano, o que reduce o seu futuro a menos dunha década
A Cidade da Cultura recibiu en 2018 tanta asistencia a eventos privados como visitas das exposicións públicas
O pasado ano o custo de mantemento ordinario do complexo estabilizouse en 7 millóns de euros pero a Xunta aínda prevé outros 27 millóns en obras pendentes tras gastar máis de 300 na súa construción desde que o ideou Fraga hai agora 20 anos
A Xunta renuncia a parte do polémico corredor do Baixo Miño prometido por Feijóo tras o Prestige e ampliará carrís da estrada actual
Dos 25 quilómetros da nova vía están rematados 10, outros 4 quedaron a medio construír e o Goberno galego anuncia agora que dos pendentes 2 serán “autovía urbana” con rotondas e o impacto do resto concretarase “nos vindeiros meses”
Botan a andar os gobernos das cidades tras as asignacións de tarefas e soldos obrigadas por lei
Con distinto ritmo, ao longo das últimas semanas fóronse facendo públicos os organigramas dos concellos, que a lei obriga a ter listos como máximo 30 días despois da investidura dos alcaldes e alcaldesas
Feijóo presenta como “novo aumento salarial” ao funcionariado a suba acordada por Montoro cos sindicatos hai un ano
O presidente inaugura a reforma exterior do complexo administrativo de San Caetano, que custou 6,5 millóns e que irá seguida de obras no interior e da construción dun novo edificio que elevarán a factura total a máis de 70 millóns
Feijóo anuncia unha lei de acción exterior de Galicia tres anos despois de regulala por decreto
O Goberno galego asume a reclamación de PSdeG e BNG de dar rango legal ás relacións internacionais galegas
A xustiza ordena repetir as municipais nunha mesa electoral de Burela antes de tres meses
O TSXG censura que se tirasen sen analizar pola Xunta Electoral seis votos declarados nulos que poderían dar un concelleiro a unha formación independente pero que non porían en perigo a continuidade na alcaldía dun PSdeG cunha ampla marxe
Puertos del Estado quere eximir de avaliación ambiental actuacións que no pasado condenaron aos portos de Vigo ou Marín
Autoridades portuarias galegas viron como os tribunais anularon os seus plans de usos por non estudar os seus posibles impactos e agora o Goberno central quere eliminar ese requisito
- Crónica
- Política
O Parlamento volve a 2009: só PSdeG e BNG fiscalizan a Feijóo, que lles afea os bipartitos
Villares non participa na sesión de control á Xunta á espera de que se concrete o seu paso ao Grupo Mixto e Pontón e Leiceaga poñen o foco na propaganda do presidente, o socialista cun balance que soa a despedida da portavocía antes de pasarlla a Gonzalo Caballero
O Parlamento elixe a representación galega no Senado marcada pola vaga expansiva das municipais
Os dous representantes do PP, Elena Muñoz e Jesús Vázquez, plantan a sesión que os designou e o de En Marea, José Manuel Sande, cuxa proposta por parte do sector crítico desa formación foi o desencadeante da ruptura definitiva do grupo a semana pasada, preséntase como a representación galega na Cámara Alta
Feijóo elixe Sanxenxo para entregar as bandeiras azuis e gabar a “explotación racional” do medio ambiente
O presidente gabou instrumentos de protección como o Plan do Litoral, aprobado en 2011 e que entre outras medidas propuña recuperar espazos como o aparcamento sobre as dunas da praia de Montalbo no que se celebrou o acto deste luns