Competencia tomba o decreto de vivendas turísticas e Feijóo pídelle a mesma présa noutros asuntos
O presidente di deixar en mans da Asesoría Xurídica a modificación do texto galego logo de que a comisión estatal censurase as súas “restricións inxustificadas” e “discrecionais”
Feijóo di estar “no medio” entre quen queren máis ou menos eucaliptos
O presidente asegura que a Xunta está a ordenar agora os montes xa que non o fixeran “gobernos anteriores”
A Valedora vese vítima de “ataques deslexitimadores” tras as críticas de asociacións sanitarias e sociais
Un día despois de que varias entidades da sociedade civil a recusasen, Milagros Otero considera que a censura da súa actuación por parte doutras administracións supón un ataque contra a institución
Os incendios queimaron máis de 1.100 hectáreas desde o pasado mércores
No que vai de ano xa arderon 2.200 hectáreas, máis que en todo o 2014, o ano con menos lumes das últimas décadas
Nigrán lembra o seu veciño Carlos co gallo do Día das Letras de Casares
A vila na que residía e faleceu o escritor organiza tres meses de actividades na súa memoria
En Marea e BNG contraprograman o aniversario do AVE con denuncias sobre o tren da costa norte galega
Ao tempo que PP e PSOE volven unirse para celebrar os 25 anos do AVE Madrid-Sevilla, En Marea e BNG critican o abandono do tren en Ferrolterra e A Mariña
As outras cifras do AVE: as obras en Galicia acumulan 7 mortos
No 25 aniversario do tren Madrid-Sevilla, en Galicia hai 242 quilómetros en servizo, 80 en obras, e aos 80 mortos no accidente de Angrois hai que sumar os 7 falecidos na construción
Feijóo asume que o treito Taboadela-Ourense do AVE non estará ata 2024
O presidente xustifica gastar uns cen millóns na adaptación da vía actual neses 17 quilómetros e nega que supoñan renunciar ao novo trazado, que custará outros 585 millóns
A Xunta destina 40 millóns a contratar helicópteros de salvamento tras vender os que tiña
O Consello de Contas censurou que non se fixese “ningún estudo sobre a repercusión da venda dos helicópteros” no prezo da contratación que agora se inicia
Adif encarga obras entre Taboadela e Ourense que fan dubidar da prometida nova liña de AVE
O ente público impulsa ao tempo un cambiador de ancho para os trens e a adaptación das vías actuais á alta velocidade, cando unha soa das dúas actuacións xa garantiría un uso provisional, segundo expertos consultados. O PSdeG ve unha “sentenza” ao último treito do AVE galego.
A Xunta non contempla deixar de tratar os actores como funcionariado
O conselleiro de Cultura ábrese a “algún cambio dentro do marco legal”, pero sen mudar este, e considera que a polémica sobre o elenco de Martes de Carnaval, que se estrea este xoves, é “positiva” para a montaxe
Cousas que pasan cando os actores son tratados como funcionariado
A Xunta adxudica a dedo a todo tipo de artistas por miles de euros pero enléase cun concurso público para contratar cinco meses o elenco de Martes de Carnaval, que se estrea o vindeiro xoves