Portugal aposta pola saída sur ferroviaria de Vigo, que facilitaría trens directos da Coruña a Lisboa
Fomento puxo o requisito do apoio luso á obra para impulsala, como reclaman as cidades da eurorrexión. A actuación evitaría tamén o paso de trens polo centro do Porriño, onde hai un ano e medio morreron catro persoas.
Pontón: "Hai que estudar unha fiscalidade para o monte que axude a pagar os cen millóns que custa a extinción do lume"
VÍDEO | A portavoz do BNG iniciou o pasado venres os faladoiros cos catro grupos parlamentarios sobre a ordenación dos montes organizados polo Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración de Praza Pública
As navieiras que viaxan a Cíes defenden a “gran calidade” do seu servizo tras saltar os límites ecolóxicos do parque
Seis empresas, tres delas multadas, asinan un comunicado conxunto contra a decisión da Xunta de que os visitantes conten cun permiso seu antes de mercar os billetes de barco
Seis mulleres pediron que o bus urbano de Vigo as deixase fóra dunha parada na primeira noite dese servizo contra o acoso
“Só o anuncialo xa é unha chamada en contra do acoso, que os acosadores saiban que non lles imos dar respiro”, di o alcalde, Abel Caballero
O arcebispo admite que “estas ofensas non aminoran a gloria e a felicidade que os santos viven en Deus”
O “acto de desagravio” convocado pola Igrexa tras a polémica creada co pregón do Entroido remata cun chamamento a “recuperar a centralidade da dimensión relixiosa na vida que é o que fai progresar integramente o home”
Medio Ambiente impón que os visitantes conten con autorización súa antes de mercar os billetes de barco a Cíes
A Xunta traslada a responsabilidade de non superar o aforo do espazo natural protexido a cada viaxeiro, que “ao desembarcar nas illas deberá presentar no propio peirao a súa autorización personalizada e emitida pola Xunta”
A Xunta deixa de considerar interlocutor o sindicato agrario afín ao PP ano e medio despois da súa disolución
O Consello Económico e Social (CES) incorpora agora a unha representante máis de Unións Agrarias e outra do Sindicato Labrego Galego en substitución dos dous de Xóvenes Agricultores, entidade disolta en xuño de 2016
A Xunta suprime a conexión diaria directa entre Vigo e Lugo que presta Monbus
A empresa de Raúl López renunciou á súa concesión anterior pero o Goberno galego volveulla outorgar obrigando só a prestar o servizo con transbordos en Pontevedra. A empresa só fará o servizo directo os venres entre Lugo e Vigo e os domingos entre Vigo e Lugo.
Feijóo atribúe agora á Fiscalía as sospeitas dunha “trama incendiaria” inexistente que alentou o PP
“Non nos sorprende o informe final da Fiscalía de Medio Ambiente, porque basicamente é o que vai dicindo todos os anos”, di o presidente sobre a investigación que novamente non atopou probas ao respecto
Feijóo xustifica o acto no que o líder do PP santiagués guindou lixo ao río porque “manifestou que se verte sen depurar”
VÍDEO | O presidente di que non viu as imaxes e opta por criticar o goberno local, ao que fai responsable da contaminación, obviando a demora acumulada desde hai décadas no saneamento das rías galegas
Feijóo lanza a poboación parada e 'mileurista' contra o persoal de Xustiza en folga
Di que a Xunta está disposta a seguir negociando pero carga contra o comité de folga e advírtelle de que "os que están no paro ou teñen soldos semellantes ao salario mínimo" non cren 1.000 euros ano ano "unha proposta ridícula" e "asinarían" esa suba. O persoal en folga maniféstase nas cidades.
Adif privatiza a venda de billetes nas estacións do Barco e A Rúa, que ameazara con pechar
A CGT advirte de que se esas localidades quedan sen persoal propio do xestor ferroviario non haberá ningún responsable da circulación de trens nos 106 quilómetros de vía que separan Monforte e Ponferrada