“Fixéchela boa, presidente”, responde o PSdeG ás ocultacións de Feijóo aos medios
“Agochar acordos de contido millonario e facer públicos informes propagandísticos sen validez vai contra o compromiso de transparencia”, dinlle os socialistas ao titular da Xunta, e ironizan cos eloxios que lle dedicaron os seus propios asesores
Feijóo ocultou aos medios acordos por 280 millóns de euros adoptados en 13 Consellos desde 2013
O presidente, que divulga en persoa as decisións do seu goberno, silencia as ocasións en que recorre ao Fondo de Continxencia, criticado polo Consello de Contas. Nesas mesmas reunións divulgou 44 informes propagandísticos sen validez real.
Adif contradí o ministro de Fomento e prevé o AVE ata Sanabria para este ano
A empresa pública adianta os prazos no informe co que vén de comunicar as súas previsións de cada ano, documento que en 2016 incumpriu, o que lle valeu un apercibimento por parte da Comisión de Competencia
Técnicos de España e Portugal supervisarán cada tres meses os avances na liña ferroviaria Vigo-Porto
O ministro luso salienta a importancia da “moito esperada” electrificación, que sitúa en 2019
Luca Chao: “A nosa prioridade é unha política exterior que faga da cooperación o piar fundamental”
ENTREVISTA | Luca Chao, portavoz en materia exterior do grupo parlamentario de En Marea, analiza a Estratexia de Acción Exterior da Xunta nunha serie de entrevistas de Praza.gal e o Igadi.
Juan D. Villoslada: “A acción exterior de Galicia merece unha lei, non pode quedar no ámbito dun decreto”
ENTREVISTA | Juan Manuel Díaz Villoslada, portavoz en materia exterior do grupo parlamentario do PSdeG, analiza a Estratexia de Acción Exterior da Xunta na serie de entrevistas de Praza.gal e o Igadi.
Ana Miranda: “Debemos ambicionar unha diplomacia galega como a Diplocat”
ENTREVISTA | Ana Miranda, portavoz do BNG en Bruxelas, analiza a Estratexia de Acción Exterior da Xunta nunha serie de entrevistas de Praza.gal e o Igadi.
Cuarto "non" do PP galego a investigar o accidente de Angrois
O Parlamento rexeita abrir a comisións sobre o sinistro do Alvia que solicitaban En Marea e BNG nunha votación secreta na que todo o Grupo Popular se opuxo e os socialistas se abstiveron
O terceiro perito de Angrois cuestiona "como é posible" que a única "protección" na curva fose o maquinista
O enxeñeiro da Xunta José Manuel Lamela entrega ao xuíz o seu informe, no que ve "de sumo interese" aclarar como nunha liña "autorizada" para velocidades de ata 220 quilómetros por hora non estaba "cuberta" a "posibilidade" dun erro humano
Competencia apercibe a Adif por anunciar para 2016 un treito do AVE galego adiado a 2018
A empresa pública indicou formalmente que o treito Zamora-Pedralba ía estar operativo en 2016. Co goberno en funcións ultimou trámites para abrilo a comezos de 2018 e agora vén de demoralo a finais dese ano
Cando o PP daba ultimatos de 10 días para cumprir os prazos do AVE galego
Xunta e PP reprocharon a Fomento demoras duns poucos días nos trámites do AVE mentres gobernou o PSOE. Feijóo atribúe agora o "deslizamento da finalización" ata 2020 ao bloqueo político en España mentres a oposición o vé "cómplice" dun novo "engano".
A UE escoita as vítimas de Angrois antes que os parlamentos galego e español
A Plataforma Víctimas alvia 04155 interveu esta semana ante a Eurocámara e a Axencia Ferroviaria Europea recibiunas por terceira vez. Mentres, non foron escoitadas nas investigacións oficiais españolas e lamentan o "cinismo" dos novos responsables de Fomento