As accións de Monbus á venda axitan o sector galego do transporte nun momento clave
O propietario do xigante do transporte, Raúl López, asegura non ter "plans" de venda da compañía, que admite movementos no terzo do seu accionariado que pertence a Abanca. Un grupo alemán e outro mexicano, entre as empresas potencialmente interesadas.
Feijóo designa os seus novos 'superdelegados' tras tres meses cos postos vacantes
Un home de confianza da 'vella garda' do PP da Coruña asume a delegación nesa provincia e a de Lugo pasa a José Manuel Balseiro, coordinador do partido na Mariña
Feijóo inicia o mandato da súa sucesión con exactamente o mesmo goberno que ata agora
Alfonso Rueda segue a ser o único vicepresidente nun executivo que mantén as mesmas catro mulleres e seis homes.
Feijóo presenta Galicia ante Rajoy como “modelo de estabilidade” e encoméndaa á protección do Apóstolo
Rajoy eloxia a “sensibilidade social” do presidente da Xunta e salienta a súa propia galeguidade nun discurso íntegro en castelán.
Feijóo é investido por terceira vez apelando á unidade tras resucitar os ataques ao bipartito
O presidente electo da Xunta insinúa un achegamento a Leiceaga e sitúase a si mesmo fóra da tirapuxa dos partidos mentres advirte a En Marea, PSdeG e BNG de que as súas mensaxes "non lles van colar" tampouco en 2020. O vindeiro sábado tomará posesión do cargo.
- Feijóo tenta un achegamento a Leiceaga e desdeña por radicais a En Marea e BNG
- Villares presenta En Marea como primeira alternativa aos "pecados non expiados" de Feijóo
- Leiceaga fixa na demografía a súa prioridade e propón acordos para revitalizar sectores económicos clave no rural
- Pontón esgrime a "ilusión" do BNG fronte ao "autonomismo fosilizado" de Feijóo
Feijóo tenta un achegamento a Leiceaga e desdeña por radicais a En Marea e BNG
O candidato popular eloxia, por veces de xeito irónico, ao socialista e a “solidez” do seu discurso e ábrese a negociar coa oposición en materia demográfica
- A oposición galega procura facer ver que hai vida alén Feijóo
- Villares presenta En Marea como primeira alternativa aos "pecados non expiados" de Feijóo
- Leiceaga fixa na demografía a súa prioridade e propón acordos para revitalizar sectores económicos clave no rural
- Pontón esgrime a "ilusión" do BNG fronte ao "autonomismo fosilizado" de Feijóo
A oposición galega procura facer ver que hai vida alén Feijóo
Villares, Leiceaga e Pontón ratifican o seu "non" á investidura do candidato do PP e coinciden en reclamacións como a paralización da LOMCE ou a transferencia da AP-9.
- Villares presenta En Marea como primeira alternativa aos "pecados non expiados" de Feijóo
- Leiceaga fixa na demografía a súa prioridade e propón acordos para revitalizar sectores económicos clave no rural
- Pontón esgrime a "ilusión" do BNG fronte ao "autonomismo fosilizado" de Feijóo
Leiceaga fixa na demografía a súa prioridade e propón acordos para revitalizar sectores económicos clave no rural
O socialista di que o debate independentista en Cataluña impide que Galicia poida reformar agora o seu Estatuto coa fondura necesaria, pero pide ter preparada unha proposta.
Trump tamén vence o 'vicecandidato' preferido pola Xunta
A derrota de Clinton desmonta a esperanza do Goberno de Feijóo no interese por Galicia do seu candidato a vicepresidente, Tim Kaine.
“O transporte a demanda moitas veces é un taxi por un euro; é unha aposta polo rural”
O conselleiro de Fomento de Castela e León, Juan Carlos Suárez-Quiñones, explica o modelo que quere adaptar a Xunta e que supón un custo para a Junta de 6 millóns de euros ao ano para dar servizo a 3.558 núcleos de poboación aos que non chega o bus regular.
Dez anos da primeira vez que se falou galego nun Consello da UE
O 7 de novembro de 2006, hai agora dez anos, o daquela conselleiro de Traballo, o socialista Ricardo Varela, convertíase no primeiro en falar galego nunha reunión de ministros da UE. Seis días despois facíao o vicepresidente Anxo Quintana.
A Xunta di agora que o treito máis atrasado do AVE non é tan importante como cría en 2011
A demora dos 17 quilómetros entre Taboadela e Ourense foi un dos elementos que hai cinco anos levaron á Xunta a dar por roto o Pacto do Obradoiro asinado co socialista José Blanco e mudar a previsión de remate de toda a liña de 2015 a 2018, agora tamén imposible de cumprir.